Carballo vibrou co Motocross
11:53 07/10/11
Se en Santa Comba tocaba Autocross, Carballo tivo cita co Motocross. Case 75 pilotos de todas as idades competiron este pasado sábado 1 de outubro no Circuito de Bértoa, no marco do X Motocross Concello de Carballo. A proba, organizada polo club Motor Bergantiños, coa colaboración da Federación Galega de Motociclismo e do Concello, foi seguida por máis dun milleiro de persoas, e serviu ademais para conmemorar o III Memorial Manuel Rega Morales.