Carlos Waldomar queda, un ano máis, ás portas do Campionato Galego de Trial
O pasado domingo dia 1 de novembro tivo lugar a ultima proba do Campionato Galego de Trial, na localidade coruñesa de Culleredo. O representante da Costa da Morte, o carnotán Carlos Waldomar xogábase o campionato nesta proba, chegando a tan só 7 puntos do líder polo que só lle valía gañar, e ademais o actual líder Angel Leiros tiña que quedar 3º. Toda unha aventura moi difícil pero non imposible…
Foi a típica carreira de 8 zonas a tres voltas, nun día soleado e zonas de pedra, moi parecido ao que nos podemos encontrar en Carnota. Dábanse as circustancias idóneas para que ao carnotán lle saíse unha boa carreira.
Na primeira zona cometía un fiasco, metíase por unha porta de cor amarelo cando as súas son as verdes, e iso penalízase co máximo castigo 5 puntos. O comenzo foi moi malo pero dende aí ata o final non fixo mais que mellorar, e rematou a primeira volta con 8 puntos e 3º na carreira.
Na segunda volta a cousa mellorou moito xa que só penalizou con 3 pés e isto facía que se colocase 2º na carreira.
E faltaba a terceira e ultima volta: todo ceros en todas as zonas, unha volta incrible xa que rematar con todo ceros en 8 zoas e moi difícil, e isto mesmo facía que o carnotán cumprise co seu traballo gañando a carreira.
Pero Ángel Leiros remataba 2º, e Waldomar non era campión galego por tan só dous puntos. É o terceiro ano consecutivo que queda subcampion, pero nunca estivo tan preto de conseguir o primeiro posto. Será para o ano?
Que vai pasar a próxima tempada?
Pois Carlos espera volver a competir, e incluso se coincidira ben, poderíase mirar de facer algunha carreira do campionato de España... Irase vendo.
Cada vez está máis cerca de facerse realidade unha carreira do campionato galego de trial en Vimianzo, nada mais se sepa algo publicarémolo. Tamén se di que se esta negociando unha carreira a nivel nacional en algunha localidade da Costa da Morte, si este proxecto vai adiante quepasanacosta.com será a primeira e dar a nova, estade atentos.
O propio Waldomar coméntanos: "Quero agradecerlle o Club Motociclista Teo, Senrasport, Kreativa Cociñas, Graficas Aguiño e Paeisamovil, polo apoio recibido, e como non a quepasanacosta.com por seguirme e publicar como foron as miñas carreiras todos estes anos".
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC Motor ([email protected]).