Martes. 15.10.2024
El tiempo

Carnota prepárase para acoller unha proba do Campionato de España de Trial

Carnota prepárase para acoller unha proba do Campionato de España de Trial
As rochas de Carnota xa acolleran probas de trial en 2011 As rochas de Carnota acollerán unha proba do Campionato de España de Trial Sabemos de primeira man que o Club Motociclista Teo, xunto ao piloto carnotán Carlos Waldomar, están facendo todo o posible para que se celebre unha proba do campionato de España de Trial na localidade costeira de Carnota, contando coa colaboración do propio concello de Carnota. Xa saltaran os rumores hai uns meses, pero agora coas negociacións moi avanzadas o Club Motociclista Teo quitou un comunicado no que recoñece que xa ten solicitado á Real Federación Española de Trial acoller unha proba do SPEA Campionato de España. Unha proba que contará con todas as categorías (TR1, TR2, Junior, TR3, Cadete TR4, Veteranos, a do noso carnotán, Féminas A-B-C e Xuvenil A-B). Así, os mellores pilotos do mundo coñecerán os montes de Lamas de Castelo, Pedrafigueira e Carnota. Pilotos como Toni Bou, Adam Raga, Jeroni Fajardo e numero 7 do mundo, o piloto vigués Jorge Casales daranse cita en Carnota, se todo sae ben, o próximo 26 de xuño de 2016. Cando teñamos máis detalles iremos contando. Os Voluntarios O propio presidente do Club de Teo, Casimiro García, recoñece que a organización vai necesitar unha boa marea de voluntarios, polo que pide a sensibilización da xuventude da zona para colaborar. Precisan xuíces, picadores, controis... mozos da zona aos que a propia organización formaría cunha guía fácil do regulamento, para poder facer desta proba un exemplo a nivel nacional.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios