Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Cee volve convertirse no epicentro do baile deportivo nacional

Cee volve convertirse no epicentro do baile deportivo nacional
Presentacion do campionato de baile en Cee Presentacion do campionato de baile en Cee Por segundo ano, o Club Arte e Movemento, aventúrase en organizar en Cee un Campionato Autonómico de Baile Deportivo. A cita será este domingo 13 de maio, cando o pavillón ceés acolla o II Trofeo A&M Vila de Cee, puntuable para o ranking nacional da Federación española de Baile Deportivo, en varias das suas especialidades. Unha cita que traerá a máis de 400 deportistas de élite chegados de toda España. Os asistentes poderán disfrutar de bailes caribeños, pasodobles e outros bailes deportivos realizados por rapaces e adultos da nosa vila pero tamén por parellas de altísimo nivel nacional. O Campionato terá lugar este domingo, 13 de maio, no Polideportivo Municipal de Cee en horario de 9:30 a 22:00h, ininterrumpidamente. A entrada será de 7€ e gratuita para os menores de 10 anos. En total serán 13 horas de baile deportivo. Do clube Arte e Movemento, participan dúas parellas no Campionato Galego 10 bailes: - Cristian e Melani (22 anos, Cee, Santa Comba) na categoria absoluta - Vicente e Laura (16 e 15 anos, Cee) na categoria youth

Horarios

A primeira especialidade da xornada será a danza coreográfica, onde participan 3 grupos numerosos. A partir das 9:20 tocan os bailes caribeños, onde as parellas galegas son un referente nacional, nas que hai que destacar a participación de parellas procedentes de Gran Canaria. A partir das 11:00 da maña comezan as competicións de bailes latinos e bailes standard, xunto coa Copa Promoción. Na parte central da tarde, o protagonismo será para o Campionato Galego 10 Bailes, que se presenta co desfile as 16:00. E por suposto, as categorías de iniciación, onde participan 40 parellas de entre 4 e 15 anos, procedentes a maioria do clube local Arte e Movemento, e das suas sedes en Mazaricos e Santa comba. Novas relacionadas Fonte

Comentarios