Centos de pequenos patíns encheron o pavillón de Camariñas
O pasado venres celebrouse con total éxito a I Exhibición de Patinaxe Costa da Morte, organizada polo Club Deportivo Costa da Morte e o Concello de Camariñas. Unha cita vivida por numerosos público, coma toda esta clase de actividades onde os nenos son os protagonistas.
Máis de 120 rapaces dos concellos de Camariñas, Carnota, Fisterra, Muxía e Vimianzo actuaron divididos en 9 grupos, arrincando os aplausos e sorrisos dos espectadores presentes ca súa habilidade sobre patíns e a súa arte particular a hora de facer as figuras máis traballadas durante todo o ano.
O punto final desta exhibición, en forma de regalo para os patinadores, puxo a patinadora artística Miriam Amado Vázquez, quen foi quen de poñer en pé e arrancar os aplausos do público.
Despois de recibir as medallas conmemorativas e os agasallos pertinentes das mans dos Alcaldes de Camariñas e Vimianzo, Manuel Alonso de León e Manuel Antelo Pazos e do Concelleiro de Deportes de Camariñas Juan Cabrejo e da Concelleira de Cultura e Artesanía Amparo Baña; clausuráronse as escolas municipais de patinaxe ata o ano que ven, cando seguro se repetirá este éxito da primeira edición.
Novas relacionadas
- O 10 % dos vimianceses participa nalgunha actividade da programación deportiva de inverno.
- A Xornada Xoga-Judo na Costa encheu o pavillón de Ponteceso.
- Perigosos tiradores tomaron Ponteceso.
- Máis de 300 cativos participaron na 1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Baloncesto.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa e fotos da man do Club Deportivo Costa da Morte, da man de Víctor Santos.