mércores. 30.04.2025
El tiempo

Co lirismo do bardo de Pondal

Co lirismo do bardo de Pondal
  • Toque á heroicidade para Ponteceso e Fisterra, que xogan unha especial de final case excluínte pola Liga da Costa; en Primeira, súperderbi entre Soneira e Outes.
Fisterra e Ponteceso veranse as caras no Pinguel coa Liga da Costa en xogo Fisterra e Ponteceso veranse as caras no Pinguel coa Liga da Costa en xogo

O lirismo épico e de bardos do himno galego, de raíz pontecesán, serviría para compoñer uns versos axustados ao carácter emocional do duelo entre Ponteceso e SD Fisterra, partido estrela da xornada na Liga da Costa, e toda unha final anticipada e con carácter case de excluínte para o derrotado. Na primeira volta, a forza verde pudo cun algo lánguido cadro bergantiñán, pero os de Barca teñen medrado notablemente co paso das xornadas, e incluso resolto en minutos decisivos, onde non lles tremeron as pernas. Os fisterráns, ademais, chegan mermados pola ausencia do punta Bruno, e doídos pola recente lesión do extremo Roa, mancado de gravidade nun xeonllo. Pasional e de poucos goles se presume unha cita a peito descuberto.
Do resto da xornada, o líder Zas ten un partido trampa na casa ante o correoso Cerqueda, mentres que o San Lorenzo seguro que non sabe que agardar en Cee, co gallo da visita ao Ameixenda. O Mazaricos, que recibe ao Cabana, deixou a pasada semana moitas das opcións. Nun case derbi, o reforzado Porteño tentará superar ao Baíñas. E a nova estará en Coristanco, onde o Castriz estreará terceiro adestrador do curso, despois da destitución de Esteban.

Tamén empeza a ser decisiva unha Primeira Autonómica onde o case descendido Malpica tentará manter a dignidade en Val do Ulla, un Corme en proxección terá unha durísima saída a Agolada e un Baio de xeniais sensacións deberá adaptarse ao pequeno Municipal de Bertamiráns. Baieses e cormeláns teñen que sumar de 3 en 3 se non queren verse descendidos polos arrastres.
Na loita pola cabeza, o derbi entre Soneira e Outes chega co aviso da primeira volta para os vimianceses, que caeron no Cunchido. Ademais, o Sofán non debería ter problemas co Carcacía. Un peldaño máis arriba, na Preferente, o Dumbría se non gana en O Val, ante un rival peor, si que pode esquecerse de sono algún, mentres que o mellor Xallas do ano recibe ao irregular Riveira.

Estrea panorama a Terceira Autonómica, co novo líder Laxe visitando Arliña como proba de lume, e o Corcubión buscando a redención tres semanas despois ante o imprevisible Nantón. O Xuvenil do Dumbría en Asados, e o cadete, na casa co Pontevedra, serán os osos de fútbol base

Polo demais, ollo á finalísima na 2ª dos Veteranos polo título, e os que anden pola zona, non perdan a charla sobre a historia dos equipos de fútbol do Concello de Coristanco hoxe venres.

 

Preferente Norte, xornada 29

 

Primeira Autonómica, xornada 27

Segunda Autonómica, xornada 27

Terceira Autonómica, xornada 24

Xuvenil - Liga Galega, xornada 26

Unión 12/03 - 17:00 Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 26

Dumbría 12/03 - 11:00 Pontevedra
 

Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 9

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 8

 :

Primeira Cadete, xornada 25

Primeira Infantil, xornada 25

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 23

AlevínCosta Norte F8, xornada 3

BenxamínCosta Sur F8, xornada 23

BenxamínCosta Norte F8, xornada 3

Prebenxamín Costa F8, xornada 4

 

Veteranos, 1ª División, xornada 24

Veteranos, 2ª División, xornada 24

 

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios