Comezaron as Ligas de F8 Costa Sur

Arrincaron as Ligas de Fútbol 8 Costa da Morte en categorías Alevín e Benxamín, que ademais xa recollemos na nosa plataforma www.futboldacosta.com. Pero só polo Sur, pois as Ligas Norte, con menos equipos (14 e 13 no Sur e 8 e 7 no Norte), non empezan ata febreiro de 2015, ao igual que a unificada Liga Prebenxamín.

E teñen un equipo “infiltrado” as Ligas Sur, pois o Sofán pediu trasladarse aos grupos de abaixo para poder comezar a competición canto antes, ao non participar nas Ligas de Fútbol sala.

Falamos dunhas ligas que moven moito, unhas Ligas con ducias de pais volcados cos seus peques.

En Alevíns o Cee A colócase de líder tras golear sen piedade aos seus compañeiros do Cee B. Dumbría A e Outres tamén golearon aos dous equipos dos Miúdos por idéntico 0-5, complentando ademais a zona alta os equipos da Esteirana, que venceron apuradamente en dous partidos que demostran o bonitas que son estas ligas (5-4 co Lira e 5-6 en Sofán).
O partido máis vibrante xa xornada, o 3-2 do XSC ao Fisterra, un auténtico partidazo.

Xa nos Benxamíns, desta volta foi o Cee B o que goleou ao Cee A, colocándose con 9 goles de primeiro líder. Sumaron tamén os 3 primeiros puntos os Dumbría (que goleou aos Miúdos B), o Fisterra, que venceu en Santa Comba ao XSC A; o OUtes, que superaba aos Miúdos A, e a Esteirana que tamén vencía apuradamente no Carral ao Sofán.

Os choques das Baleas das súas categorías tiveron que ser suspendidos.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Fotos de SD Sofán e do XSC.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).