Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme

1ª Autonómica: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme
Sofan-Corme nun ateigado Carral-Foto-SD

Tremenda a 9ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra con dous derbis costeiros. Unha xornada que nos deixa un cambio de líder, de costa a costa, pois é o Sofán o que aproveitou o tropezo do Baio ante un gran Malpica para auparse ao liderato. Histórico liderato para esta SD que fai do Carral un feudo inexpugnable, como o demostrou a cuarta derrota consecutiva dun Corme que se perde no medio da táboa.

Por abaixo, o Malpica, con ese vitorión ante o que chegaba líder, suma xa 9 puntos, pero aínda segue en postos de descenso. O Soneira ascende á 10ª praza trala súa vitoria ante o Amio, mentres a Esteirana rompía o maleficio e sumaba a súa primeira vitoria ante un rival directo, o Silleda, ao que alcanza na penúltima praza.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Soneira - Amio (1-0)

Soneira-Amio-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Fran de Urroa, Pichi, Maikel, Alberto, Richi (Mayor, min.79), Sandelo (De la Sierra, min.77), Brais Triñanes, Nazo (Javito, min.70) e Cristian Figueroa (Basti, min.70).
  • Gol: 1-0, min.74: Brais Triñanes de cabeza á saída dun córner.
Jose Angel revolucionou o 11 do Soneira-Foto-Oscar

Importante vitoria do cadro soneirán ante un bo Amio. Saíulle ben a proposta a José Ángel, deixando no bando de inicio a pesos pesados como De la Sierra, Mayor Javito ou Basti.

Arrincaba o partido cos dous equipos moi temerosos, sen arriscar pero tampouco sen chegar á meta contraria. Apenas un par de chegadas, cun tiro de Figueroa aos 10 minutos e unha de Nazo de cabeza ás que responde ben o meta visitante.

Na segunda o Soneira saíu máis encbhufado. Figueroa volve avisar, e a entrada de Basti e Javito foi clave para facer máis dano. Brais Triñanes volvía probar ao meta que envía a córner. Nese preciso saque de esquina chegaría o gol do propio Brais, cun gran remate de cabeza ao segundo pau a centro de Richi.

Eran os mellores minutos do cadro local, que puido ter ampliado a renda por medio de Basti ou Javito, que vía como o colexiado lle anulaba unha acción por un dubidoso fóra de xogo. O mesmo Triñanes, xa co tempo cumplido tivo un man a man que mandou fóra, pero o Amio tampouco tiña forzas para respostar e os puntos quedaron no Municipal.

Soneira-Amio-Foto-Oscar

Esteirana -Silleda (4-2)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Serrano, Uru, Álex, Saúl (Pesco, min.69), Ande (Juan, min.85), Maseiras, Simón, Adrián (Pabliño, min.53) e Róner Pladur.
  • Goles: 0-1, min.12: Fallo en cadea da zaga local que aproveita o ariete do Silleda; 0-2, min.50: Erro defensivo no despexe que propicia un pase atrás e gol; 2-1, min.65: Pabliño de primeiras a centro de Rober; 2-2, min.71: Pabliño de falta directa; 3-2, min.78: Pesco que remacha ao pau en centro de Rober e aprovéitase do rexeite para anotar; 4-2, min.84: Pesco tras combinación certeira na punta do ataque.

Por fin chegou a primeira vitoria da Esteirana nesta temporada, pois fíxose de rogar e xa parecía cousa imposible no seo do equipo. E curiosidades da vida, logrouna nun dos peores partidos no tocante a xogo.
Comezaron os locais moi desacertados, regalando un gol na primeira metade e outro ao comezo da segunda, e nestes intres as chegadas foron nulas por ambos bandos. Reinaba a imprecisión, o desacerto e o repliegue nun partido que non era merecedor da categoría.

Non cambiou na segundo tempo onde o Silleda aumentaba a suá vantaxe xa nos inicios. Os cambios deron outro aire e un inspirado Pabliño poñía o acerto e gol na Estairana para dar lugar a unha remontada espectacular. Culminou o acerto dos do banco o Pesco que se metía na área para rematar dúas ocasión boas que viñan de xogada por banda.
Matou aquí o equipo local o partido e noqueou a un Silleda que o tentou ata o final.

Malpica -Baio (2-0)

Plantel do Malpica ante o Baio-Foto-LUis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Juanjo Rabuñal (Mario Alberto, min.68), Alemán, Baba, Joel Pereiro, Fernando Varela (Rodrigo, min.89), Cheo (Kevin, min.83), Cololo e M. Maradona (Diego Alonso, min.78).
11 do Baio en Pedra Queimada-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani; José Antonio (Ramón, min.78), Pablo (Eloy, min.46), Porto, Mario, Fachal (Martín, 46), Alberto, Iago, (Brais, min.46), Cristian, Bieito e MC.
  • Goles: 1-0, min.27: Mario case sen querer toca co talón un centro chut de Cololo descolocando ao meta baiés; 2-0, min.30: Alemán dende a media lúa aproveitando un despexe frouxo da defensa baiesa.
Malpica e Baio entrando o campo-Foto-Santi Soneira Capis do Malpica e do Baio cos colexiados-Foto-Luis Porto

Partido trepidante na Pedra Queimada no que o Malpica, en clara melloría tanto de xogo, como de intensidade e de resultados dende a chegada de Baña ao banco, venceu a un Baio que chegaba de líder. O partido gañouno o Malpica na primeira mitade. Mostráronse os malpicáns con moita ambición non dando un balón por perdido e eso pudo decantar o resultado ao seu favor.

O partido tivo un tempo para cada equipo, pero o acerto dos locais en dúas xogadas á media hora de xogo, con algo de fortuna no primeiro tanto, foron claves para o devir do partido.

A segunda mitade o Malpica xogou a contemporizar xogo deixándolle terreno ao Baio e cerrando ocos detrás. O CD Baio, sacou toda a súa artillería, xogándose o todo polo todo, e, aínda que dominou, non foi quen de traspasar a muralla defensiva implantada polo adestrador malpicán, moi ordenada e sen descoidar o contragolpe.

O Malpica, coas dúas últimas fichaxes, Cololo e Baba, máis as incorporacións de Cheo e de Fernando Varela, xa ten un equipo máis competitivo e presumiblemente subirá postos na clasificación. Ainda que os dous siguintes partidos serán contra osos moi duros de roer, Corme e Sofán.

Malpica-Baio-Foto-Wash-Calvo Malpica-Baio-Foto-Wash-Calvo-

Sofán - Corme (2-1)

SD Sofan no Carral ante o Corme-Foto-Fin Lema
  • SOFÁN: Lerma, Sito (Pablo Martínez, min.70), Javi, Rubén, Félix, Míchel, Martín, Iván Rojo (Sergio, min.78), Bertín (Eloy Boedo, min.88), Luís e Raúl (Brais Barreiro, min.46).
Corme no Carral-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Dani, Pandi, Alejandro, Diego (Joshua, min.5), Brais, Toniño, Lucas, Adrián Doldán (Antoniño, min.75), Juan Chans e Alejo (Manu, min.87).
  • Goles: 1-0, min.10: Raúl non falla o rexeite de Suso ao seu penalti; 2-0, min.16: Luís aproveita un erro da defensa tras un centro de Raúl; 2-1, min.65: Alejo de penalti.
  • Expulsións: o sofanista Luís no min.30 por agredir a Lucas, e os cormeláns Juan Chans ao fío do descanso e Lucas no min.80.
Sofan_Corme-Foto-SD

Partidazo no Carral, de poder a poder, ante case medio millar de persoas e ante un sempre protagonista Zas Vázquez, que non gustou a ninguén. E así, non perde este Sofán na casa e onte o demostrou cunha apurada vitoria ante un Corme que suma a súa 4ª derrota consecutiva,

Foi un choque intenso, moi quente e igualado. Atopouse a SD cun penalti aos 10 minutos, que Raúl non desaproveitou pero tivo que esperar ao rexeite de Suso, que paraba a pena máxima pero non podía evitar o 1-0 no despexe. E non pasaron 5 minutos para un regalo da defensa cormelá permitise que Luís fixese o 2-0.

O choque seguía tan igualado como tenso, e Luís era expulsado por agredir a Lucas. Tomou aí o mando o Corme, e comezou a percutir sobre a sempre seria defensa sofanista.

Pero tardou en facer dano o Corme, ante un duro Sofán. Foi Alejo dende os 11 metros o que recurtaba, e Juan Chans tivo o empate pero non acertou, e os puntos, tras este tenso partido, quedaron no Carral, convertindo ao Sofán en líder da categoría por primeira vez na súa historia.


Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios