Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O trío de arriba non perdoa

2ª Autonómica: O trío de arriba non perdoa
Zas-Porteno-Foto-Alejandro Mel Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Ferve por arriba a Liga da Costa, a 2ª Autonómica - ES Bazarra tras esta xornada 9. Seguen San Lorenzo, Castriz e Zas pelexando e apenas 1 punto os separa. Non puideron Montelouro, Fisterra e Porteño facer nada ante as boas xeiras dos 3 equipos.

Quedan o Buño, que superaba ao Ponteceso nun partidazo, e o Outes, que empataba ante un Camariñas en proceso de mellora, a 4 puntos do liderato, con Mazaricos, que vencía o derbi da montaña, o Volantes que caía no derbi sureño de Lombáns, e Cee, que non pasaba do empate ante o Camelle, por detrás.

Por abaixo, o Montelouro segue sen saber sumar de 3 en 3, e se matén pechacancelas. Sumou un puntiño inesperado o Camelle no San Paio de Refoxos, quedando Ponteceso e Camariñas por debaixo agora do Carnota e o Fisterra.


Mazaricos - Baíñas (2-1)

Gol de penalti no Mazaricos-Bainas-Foto-Sara
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban, Ramón (Chico, min.80), Matías, Ricardo, Pereiro, Estéfano (Ferreiro, min.65), David, Chenel (José Ángel, min.90) e Molinos (Cabrexo, min.75).
  • BAÍÑAS: David, Marcos (Cristian, min.80), Samuel (Sancho, min.85), Braulio, Luís, Iván, Martín (Héctor, min.75), Tasky, Rodri, Eloy e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.10: Ramón de cabeza tras un saque de falta; 1-1, min.43: Luís de penalti; 2-1, min.75: Pereiro dende fóra da área.

Intenso o derbi da montaña que deixou os puntos na casa dos locais ante un Baíñas que segue con moitas baixas e puido merecer un empate. Non foi un gran partido en canto a xogo, foi moi bronco e disputado, cun primeiro tempo de cor amarela pero un segundo no que o verde estivo máis presente en campo rival. Adiantouse pronto o equipo de Néstor, que buscou o segundo con aínco ata que, ao fío do descanso, o Baíñas empataba dende os 11 metros.

Comezaba a segunda cun Baíñas máis entonado, e buscando a vitoria dominando durante o primeiro terzo. Non chegaba demasiadas ocasións para ningún lado e nas poucas que houbo, os locais estiveron máis acertados. Así, a 15 para o remate, Pereiro facía o 2-1 que sería definitivo.


Cabana - Seaia (1-1)

  • CABANA: Víctor, Isma, Pepe, Dani Mato, Iván de Treos, Miki Pose, Josiño, Manolo do Cruceiro (Diego), Charly (Iván Mato), Fernando (Adán) (Añón) e Berti (Manu Guillamet).
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Adrián, Vistas, Parga (Ángel, min.70), Eme, Miguel, Felipe (Adra, min.50), Nando, Richard e Camilo.
  • Goles: 1-0, min.50: Charly; 1-1, min.71: Adra desvía unha falta botada por Eme.
  • Lesión: Adán lesionouse e tivo que saír o meta Añón de porteiro. E os visitantes Felipe e Parga.

Empate xusto nas Redondas entre un bo encontro e boas ocasións dos dous equipos. Comezaba o Seaia algo mellor situado, a pesar das baixas, combinando ben e chegando pero estrellándose co seu ex porteiro Víctor, onte titular co cadro de Periscal e que foi un dos grandes protagonistas do partido.

Arrincaba a segunda metade co gol local tras un barullo na área, e o Seaia tiña que remar. Víctor seguía anulando as ocasións visitantes como unha gran falta de Adra, ata que el mesmo desviou unha falta botada por Eme collendo despistado acadando o empate para os malpicáns.

Seguiu indo polo partido o Seaia, pero chegaba mellor fisicamente ao tramo final o cadro local. Un treito final no que o partido se puido caer dos dous bandos, cunha para os locals e outra, un posible penalti para o Seaia que o colexiado sinalou no borde da área e que Josiño estampou no longueiro xa co tempo cumplido.


Zas - Porteño (2-0)

Zas-Porteno-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Fabián, Oli (Pereiro, min.76), Martín, Vecino, Álex, Peque, Abel, David Blanco (Pablo, min.80), Rubio (Samuel, min.73) e Isma (Manu, min.78).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Maikol, Caamaño, Manuel, Doyle, Roi (Gabi, min.65), Cristian, Marcos (Curra, min.70) , MeuLar (Óscar, min.55) e José (Wii, min.60).
  • Goles: 1-0, min.36: David Blanco nunha contra rápida a pesar da intentona dun defensa a despexar o tiro cruzado (podería considerarse en propia meta pero o colexiado llo outorgou ao punta zaense); 2-0, min.64: Vecino tras un centro de Abel.
Zas-Porteno-Foto-Alejandro Mel

Partido igualado, con poucaso ocasións na primeira metade cun Porteño moi correoso, con moita envergadura e intentando aproveitar a velocidae arriba pero que a pesar de deixar unga moi boa imaxe en San Andrés non foi quen de superar a seria e contundente defensa dos de Iván Cancela. Aos 20 minutos chegaban as primeiras accións de perigo, como un centro de Abel que non atopa rematador ou un tiro de Pejo rozando o poste da meta de Anxo. Tivo algo de fortuna o Zas no primeiro tanto, pois o tiro de David Blanco era despexado por Maikol pero non puido evitar o tanto.

Na segunda metade o Zas estivo mellor, sobre todo despois do segundo gol, ao que o Porteño non soubo reaccionar. Iso si, xa co 2-0, a defensa local tiña que sacar baixo paus un balón que a piques estivo de entrar tras un córner. Pero tamén David Blanco puido ampliar a súa renda (leva 4 goles) pero a defensa sacou baixo paus.

Aquí, Alejandro Mel déixanos un vídeo co primeiro tanto de David Blanco.


Montelouro - San Lorenzo (1-3)

  • MONTELOURO: Isma, César (Pepe, min.75), Pablo, Pedro (Benja, min.70), Abel (Edu, min.46), Geico, Eloy, Dani Deza, David (Pesi, min.60), Riki e Edu Balsa.
  • SAN LORENZO: Diego, Puñal, Adrián Varela (Cañi, min.72), Pablo Novo, Rubén, Álex Figueiras, Schuster, Adrián Fraga (Joaquñin, min.60), Carlitos, Fuentefría (Javi Pensado, min.69) e Juni. (Anxo, min.75)
  • Goles: 0-1, min.37: Carlitos; 0-2, min.42: Álex Figueiras; 0-3, min.70: Juni; 1-3, min.93: Edu.

Segue se acadar a primeira vitoria o Montelouro e esta fin de semana non puido co líder, o intratable San Lorenzo. I é que os erros da defensa loureán valen partidos, como aconteceu onte en Agra da Filgueira, nun terreo de xogo tremendamente enlamado, que pide a berros a implatación do céspede artificial xa prometida para o pasado verán.

Bos primeiros minutos dos locais, cun par de chegadas a balón parado que puideron romper a igualada. pero pouco a pouco o San Lorenzo foi impoñendo o seu xogo ata que Carlitos e Álex Figueiras aproveitaron un par de erros da defensa local para case que deixar sentenciado o partido ao fío do descanso.

Na segunda, os visitantes mandaron varios balóns ao pau por medio dos propios goleadores, e os locais tamén puideron recurtar. Pero só Juni marcou o terceiro e xa co tempo cumplido os loureáns marcaron o tanto da honra.


Carnota - Volantes (3-2)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, NIco, Pumuky (Raúl, min.65), Pablo Beiro, Andrés, Manuel Luís (Berni, min.60), Míchel e Joselu (Nakata, min.58).
  • VOLANTES: Rubén, Brea, Juan, Mayuyo, Miguel, Ivi (Edu), Espi, Picho, Óscar, Mingos (Brais) e Piti.
  • Goles: 0-1, min.28: Piti a pase de Espi; 0-2, min.50: Espi a pase de Piti; 1-2, min.70: Ferreiro de penalti; 2-2, min.86: Míchel anota un glazo tras un balón peiteado por Pedro Pichín; 3-2, min.89: Pablo Beiro aproveita un balón morto tras un erro de coordinación entre Mayuyo e Rubén.

Remontou o partido o Carnota a base de gañas ante un Volantes que fixo un partido máis completo. O Volantes dominou a primeira metade ante un Carnota que só podía despexar as chegadas laranxas, excepto unha de Piti a pase de Espi que servía para anotar o primeiro dos muradáns. Xa van 10 goles en 9 partidos do eterno pichichi muradán.

A segunda metade seguía o mesmo guión, pero o segundo tanto servía para espertar aos carnotáns, que se viñeron arrib con moita fe e gañas. Ferreiro recurtaba de penalti por unhas mans de Picho. Quedaba moi pouco cando Míchel facía a igualada cun golazo tras unha xogada a balón parado que peiteaba o capi Pedro. E xa case que co tempo cumplido, e co Carnota confiado na remontada, Pablo Beiro non desaproveitaba un regalo da defensa laranxa para roubarlle os tres puntos aos seus veciños do sur.


Camariñas - Outes (1-1)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Sestayo, Martín, Pereira, Moriño, David Pasantes, Sule (Brais Chicote, min.20), Álvaro, Mario Toja e Yuyo.
  • OUTES: Gato, Borja, Chúa, Saúl (Jura), Roberto, Chía (Babu), David (Martín Iago), Martín, Yago (Fabio), Manu (Oki), e Piki.
  • Goles: 0-1, min.3: David de penalti; 1.1, min.15: Sule tras roubar un balón e regatear ao meta visitante.
  • Lesión: Sule.
  • Empate no Hermanas Patiño entre un Camariñas que chegaba con moitas baixas e un Outes que está a facer un temporadón. Bo partido a nivel ofensivo dos locaus, tratanto de controlar o xofo en moitas fases.

    Comezaba o partido cun penalti para os visitantes que os metía por diante, pero pronto o Camariñas empataba pronto e dominaba a primeira metade.

    Foise arriba o Outes na segunda tendo varias ocasións claras de gol, ante un Camariñas que se tivo que replegar ante a falta de efectivos, intentando buscar rápidas saídas ás contra. De feito, primeiro Yuyo e despois Mario Toja, xa no último minuto de cabeza a centro de Álvaro, tiveron boas ocasións para romper a igualada, pero Gato salvou o empate.


    Cee - Camelle (0-0)

    • CEE: Maikel, Aitor (Andrés, min.75), Jacobo, Carlos Leis, Josiño (Samuel, min.85), Tebo (Borja, min.62), Senlle, Hidalgo, Leo, Bruno e Lamela (Yago, min.59).
    • CAMELLE: Jimmy, Sikario del Amor, Macho, Valiña, Muxián (Tajes, min.70), Arnosi Jr., Tedín, Mrio, Felisiano e Pantera.

    Valioso punto o que sacou o Camelle do San Paio de Refoxos tras un igualado encontro a pesar das numerosas baixas que deixaban a Varu só cun home no banco, porteiro ademais. Pero o esforzo dos camelláns valeu un puntiño inesperado. Segue tamén a plaga de baixas e Rafa só puido contar con 8 xogadores da primeira plantilla. Debutaron Maikel, Senlle e Borja facendo os tres un moi bo partido e tamén xogaron Samuel e Yago que xa debutaran a semana anterior na Ponte do Porto.

    Na primeira metade estivo mellor o equipo visitante, pero na segunda se lles fixo demasiado longo o partido e mailo campo. O Cee foi collendo o timón do partido e non permitiu ocasións claras dos camelláns. Pero aínda que tiveron moita máis posesión de balón os ceenses non estiveron nada acertados nos últimos metros. Nos últimos 15 minutos tiveron un par de ocasións claras, sobre todo nos pés de Bruno pero faltou puntería e tranquilidade.


    Castriz - Fisterra (2-1)

    • CASTRIZ: Pablo, Martín, David Velo (Cilindro, min.62), Víctor, Dani Martínez (Joni, min.80), Martín Uruguayo, Bruno, Agra, Chinda, Luís e Bolón.
    • FISTERRA: Norberto, Robertín, Julito, Piti, Yeray (Aitor, min.65), Roco, Roa, Juan (Munitis, min.75) Guardiola, Pablo Lestón (Santi, min.68) e Naranjo (Eddy, min.64).
    • Goles: 1-0, min.60: Chinda; 2-0, min.63: Bolón; 2-1, min.68: Roa.

    Segue o Castriz pelexando arriba de todo tras superar a un Fisterra que segue sen atopar o seu lugar, e segue sufrindo moitas baixas. A primeira metade foi máis igualada, sen apenas ocasións con dous equipos moi respectuosos cuin Fisterra que segue mellorando, xa moi serios defensivamente pero con algo de carencias arriba. O Castriz foi moito máis efectivo e esa eficacia foi clave para levar os puntos.

    Saíu mellor o Castriz na segunda, e en apenas 10 minutos do ecuador deste segundo tempo chegaron os tres goles. O primeiro de Chinda aproveitando un erro de concentración da defensa verde. Despois, e tras varios minutos de igualdade e nos que podía ter caído o empate como o segundo dos locais, Bolón metían en vantaxe aos xalleiros. O Fisterra recurtaba de seguido pero despois non puido superar a boa defensa local para acadar a igualada.


    Buño - Ponteceso (4-3)

    Buno-Ponteceso-Foto-David Castro
    • BUÑO: Víctor, Ángel, Casais, Matías, Diego, Jorge Calvete, Uru, Dourado (Dani Calvete, min.68), Juan (Rubén, min.68), Jorge (Emilio, min.82) e Charro.
    • PONTECESO: Brais, Diego, Fabián (Diego Ferreiro, min.82), Javi Peón, Moscoso (Pablo Márquez, min.75), Dani Cotelo, Mendieta, Alberto Recarey, Dieguito, Puente e Christian Martínez (Eloy Álvarez, min.64).
    • Goles: 1-0, min.8: Charro; 1-1, min.26: Alberto Recarey; 1-2, min.28: Christian; 2-2, min.42: Jorge; 2-3, min.56: Diego; 3-3, min.75: Rubén; 4-3, min.79: Rubén.
    • Árbitro: Adrián Barros Vidal. Estivo ben. Amonestou aos locais Víctor, Casais, Matías, Diego, Jorge Calvete, Jorge, Eloy e o delegado Nelson. Polo bando visitante foron amonestados Javi Peón, Moscoso, Dani Cotelo, Mendieta e Dieguito. Expulsou ao segundo adestrador oleiro, Jose Queijas, por dobre amonestación no minuto 75.
    • Campo Xaviña (Buño). Asistiron uns 250 espectadores.
    Buno-Ponteceso-Foto-David Castro

    Partidazo dos dous conxuntos en Xaviña. Comezou dominando o encontro o conxunto local e ese dominio convertiuse en ocasións. Aos oito minutos de xogo, Charro adiantaría ao Buño tras unha xogada ensaiada que finaliza o malpicán cun disparo cruzado. Pouco despois, os branquiazuis contarían cunha dobre ocasión que atrapa Brais tras un frouxo lanzamento de Jorge Calvete. Mediada a primeira metade, Jorge puido facer o 2-0 pero Brais salva o gol no man a man. Un minuto despois, avisaría Dieguito das intencións pontecesanas pero o xogador visitante erra inexplicablemente con todo ao seu favor.
    Pero non tardaría en facer a igualada o Ponteceso cunha falta executada maxistralmente por Alberto Recarey. E dous minutos despois, o equipo de Marco daríalle a volta ao instantáneo cun gol de Christian ao cabecear un centro dende a banda esquerda. Dourado, puido facer o empate tras unha xogada individual, pero o seu lanzamento final foise fóra. A falta de sete minutos, Jorge Calvete dispara arriba tras un rexeite da defensa visitante. Pero, antes do descanso o conxunto oleiro faría o empate tras un contragolpe que resolve Jorge cun gran remate tras un bo centro de Uru.

    Á volta do tempo de lecer, saíu o Ponteceso coa intención de levarse os tres puntos e pronto chegarían as oportunidades. Pero primeiro Víctor e logo o pau evitan os goles de Puente e Christian, respectivamente. E cando transcorría o minuto 56, Diego remata coa espalda un lanzamento de esquina que sorprende a Víctor para facer o 2 a 3. Puente tivo a oportunidade de sentenciar o encontro pero a súa vaselina vaise por riba do longueiro. A partir desto e coa entrada de Dani Calvete e Rubén no campo o equipo de Chema Rivadulla foise a polo encontro e as ocasións foron sucedéndose. No minuto 68, Brais envía a córner unha potente falta lanzada por Matías. Catro minutos despois, Diego cabecea ao pau un córner botado por Charro. E a falta de quince para o final tras un gran pase de Dani Calvete, Rubén saca un potente disparo para bater a Brais e poñer o empate a tres goles. E pouco despois, Rubén erixiríase como protagonista do encontro, firmando o seu segundo gol ao aproveitar un balón en largo de Jorge Calvete para sacar un gran disparo que supera ao porteiro pontecesán.
    Vitoria moi pelexada do Buño de Chema Rivadulla, ante un gran Ponteceso, que non mereciu un castigo tan grande.

    Buno-Ponteceso-Foto-David Castro

    Crónicas da Liga da Costa

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios