Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas

3ª Autonómica: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas
Ameixenda celebra un gol ao Lira-Foto-Jorge Parri A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Impresionante. O Ameixenda, tras 6 vitorias seguidas, continúa sen perder partido, o único das 4 ligas Sénior que non coñece a derrota. Esta xornada 9 puido co Lira, que suma 3 derrotas consecutivas tras un comezo espectacular, e pecha a primeira das 4 voltas da z3ª Autonómica - Clínica Xunqueira con 8 puntos de vantaxe sobre o segundo.

É o Cerqueda, trala goleada ante un irrecoñecible Nantón, o que se coloca nesa segunda praza de ascenso directo, por diante do Coristanco, que tamén vencía ao Castrelo.

Segue formado pois o grupo de 5 perseguidores apretados en apenas 2 puntos. Despois do Cerqueda e Coristanco, agólpanse Corcubión, que descansaba, Nantón e Lira, cun Muxía que quere unirse ao grupo.

Lira - Ameixenda (0-3)

Anton Leston no Lira-Ameixenda-Foto-Jorge Parri
  • LIRA: Peipo, Eloy, Yerai, Javi, Josiño, Patachín, Deme, Paky, Oli, Manu e Adrián Porto. Tamén: Miki, AItor, Germán, Mauro e Iago.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Camacho, Javichu, Samuel, Iván Pequeño, Antón Lestón (Jorge, min.75), Momaño, Cristian, Miro (Borja, min.68), Víctor (Jesús, min.75) e Mario.
  • Goles: 0-1, min.60: Mario fai un golazo desde 30 metros pola escuadra; 0-2, min.85: Mario; 0-3, min.90: Cristian.
  • Lesións: os lirachos Manu e Josiño.
Cristian no Lira-Ameixenda-FOto-Jorge Parri

Resultado demasiado abultado para o que se viu no campo, que demostra en todo caso a firmeaza e seriedade deste Ameixenda, o único equipo sénior que non coñece a derrota no Fútbol da Costa. Os lirachos chegaban con moitas baixas pero aguantaron ben a primeira metade, na que apenas houbo chegadas.

I é que había moito repecto, pois é o Lira un dos equipos a batir, que comezaba como un tiro, a href="/articulo/futbol/3%25c2%25aa-autonomica-o-lira-non-cede-e-tira-de-fortuna/20141006134246076470.html">chegando a ser líder en varias xornadas, pero que sumaba esta semana a 3ª derrota consecutiva.

Os de Manolín foron aproveitando o cansanzo local e á hora de xogo, Mario, protagonista do choque, facía un golazo espectacular dende o medio campo. Foron minutos aí nos que puido pasar de todo. O Lira achegábase á meta de Riolo, sen demasiada fe, e o Ameixenda aguantaba ata que o propio Mario facía o segundo a 5 para o final, poñendo Cristian a puntiña xa co tempo cumplido.

Mario celebra un dos goles do Ameixenda ante o Lira-Foto-Jorge Parri

Nantón - Cerqueda (0-5)

  • NANTÓN: Guillermo, Lareu, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín e David. Tamén: Ernesto, Daniel, Iván, Carlos e Patelele.
  • CERQUEDA: Ángel (Rubén, min.73), Sergio, Dani (Pablo, min.67), Atu, Javi Pazos, Jhonny, Lorenzo, Dani Seaia (Uru, min.65), Darío, Jacobo (Gesto, min.70) e Martín (Javi, min.72).
  • Goles: 0-1, min.21: Darío; 0-2, min.23: Atu; 0-3, min.44: Darío; 0-4, min.66: Martín; 0-5, min.82: Darío.

Estrano partido nas Fontiñas, no que un entonado Cerqueda pasou por riba dun irrecoñecible Nantón, que deu demasiadas facilidades defensivas. E iso que comezaba o Nantón máis enchufado e Luís avisaba cun chutazo ao pau e co balón paseándose pola liña de gol nada máis comezar, a ocasión máis clara para os cabaneses en todo o partido.

Xogada que espertaría aos visitantes, que se puxeron mans á obra, reafirmando a súa defensa e buscando balóns ás costas da defensa local. E axiña o partido se decantaría no minuto 20 co primeiro gol do Cerqueda nunha saída a contra, pillando á zaga do Nantón totalmente durmida cun gran Darío, protagonista da tarde co seu hattrick. Tan só dous minutos despois Atu aproveitaba un barullo na área tras un córner para facer o segundo.
Non reaccionou o cadro local e antes do descanso Darío facía o terceiro tanto, que case sentenciaba o choque.

O descanso fixo baixar a guardia aos visitantes e os locales apretaron nos inicios cun par de ocasions para recortar diferencias, pero volviu ser o Cerqueda quen golpease despois de que Martín aprobeitase un rexeite do porteiro a disparo de Darío. O Cerqueda fixo cambios para dar descanso a varios xogadores e outros para que non visen cartons e perderse o partido de Ameixenda, eso fixo que o ritmo baixara en intensidade cun Nantón sin ideas e uns visitantes que non forzaban.

A UD deixounos varios goles. Este, o primeiro de Darío:

Este é o terceiro gol, de Atu.

Este é o 5º, de Darío.


Coristanco - Castrelo (3-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Facal, Joni, Rubén, Mato, Iván, Toni, Mallón (Jose, min.60), Míchel (Gonzalo, min.46), Juan e Pazos.
  • CASTRELO: David Buxantes, Estebo (Marcos, min.63), Pichon, Quintáns (Adri Ozón, min.70), Esteban Berdoias, Raúl (Elvis, min.55), Luís, Stiven, Roi, Israel e Lucho (Félix, min.63)
  • Goles: 1-0, min.30: Juan Lagoa; 2-0, min.65: Pazos nun córner; 3-0, min.80: Gonzalo finaliza unha contra levada por Pazos.

Partido malo en xeral na Rocheiro que levou o cadro local ante un Castrelo que fixo os seus peores 90 minutos da temporada en canto a actitude e intensidade. Un partido no que un gol de Lagoa á media hora descolocaba aos visitantes, despois dunha chegada de Juan, marcando a diferencia en ataque, que desbarataba David Buxantes.

Saíu algo máis intenso o cadro de Roland Caamaño na segunda, pero unha xogada a balón parado servía para que o cadro local ampliase o marcador. Sen reacción dos vimianceses, o partido foi esmorecendo ata que Gonzalo facía o terceiro e definitivo tanto sobre a bocina.


Muxía - Laxe (7-1)

  • MUXÍA: José Antonio, Currás, Peski, Pataca, Martín, Juan (Esteban, min.60), Julián, Iván, Conguito (Antonio, min.46), Gerardo (Man, min.80) e Víctor Alcaina (Rubén, min.70).
  • LAXE: Anxo, Aarón, Jaja, Carlos, Brais, Samu Soneira, Roberto, Iván (Djamel, min.43), Dani, Elías e Domínguez (Cristian, min.70).
  • Goles: 1-0, min.7: Gerardo; 2-0, min.20: Víctor Alcaina de falta dende o borde da área; 3-0, min.35: Conguito; 4-0. min.40: Gerardo nunha conta; 5-0, min.50: Iván; 5-1, min.55: Djamel; 6-1, min.60: Rubén; 7-1, min.85: Peski.

Partido sen historia dominado polo cadro de Sieso ante un Laxe de Toni que segue con moitas baixas e que nada puido facer, unha vez que o cadro local se atopou cun tempraneiro gol que lle deu ás ante un Laxe que saíu durmido. Recuperaron os locais o ritmo a medidados da primeira metade, puideron recurtar o marcador, cun balón que sacaba a defensa local baixo paus, e outro que mandou ao longueiro o xuvenil Domínguez de fermosa vaselina. Pero cando mellor estaban os visitantes, dous novos goles muxiáns remataban coas súas aspiracións, deixando o marcador ao descanso nun definitivo 4-0 imposible de remontar. A segunda foi un mero trámite.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios