Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: O XSC achégase ao Dumbría

Preferente: O XSC achégase ao Dumbría
Dumbria-Sarriana-Foto-Manolo

Positiva a 9ª xornada da Preferente - Senra Sport sobre todo para o XSC. O cadro xalleiro rompe unha xeira de 4 partidos sen gañan e suman 12 puntos, só un menos que o cadro dumbriés, que non pasaba do empate na casa ante unha correosa Sarriana.

Atl. Arteixo - Xallas StComba (0-1)

  • XSC: Julián, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Aarón, Jota, Marcos, Doro, Kevin, Jesús e Choco (César, min.80).
  • Gol: 0-1, min.19: Doro tras un roubo de Kevin.
Partido completo do XSC na mañá dominical ante un dos grandes da categoría. Os verdes e laranxas dominaron a primeira parte con moita posesión ante un Arteixo ben organizado e defendendo moi ben non permitía crear ocasións claras, exceptuando a xogada do gol na que un roubo de Kevin ao borde da área rival permitía unha combinación con Doro, que regatea un defensa e define por baixo anta a saída do porteiro.

A segunda parte, o cadro xalleiro recuou e renunciou á posesión, pero non ás chegadas á contra, que foron moi claras. Como a de Jesús, que tirou o balón ao pau despois dunha gran xogada individual. Ou a de Kevin, que remataba alto na área pequena unha pase de Jesús. Ou a de Choco, que controlaba dentro da área e remataba alto, e outra que remataba no segundo pau respondendo o porteiro local cun paradón.

O Arteixo tamén tivo a súa para empatar, nun centro raso por banda na que Julián fai un paradon tralo remate do dianteiro, nunha xogada que puido costar dous puntos despois dun partido moi completo.

Dumbría - Sarriana (2-2)

11 do Dumbria ante a Sarriana-Foto-Manolo
  • DUMBRÍA: David, David Carreira (Pablo Conde, min.46), Brian, Kevin, Iago, Aarón, Kevin, Jesús (Javi, min.46), Rivi (Cote, min.60), Adrián Nieto (Alex Siaba, min.46), Diego Cespón e Darío.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.40; 1-2, min.67: Diego Cespón; 2-2, min.71: Aarón.
Iago cos arbitros e capi da Sarriana-Foto-Manolo

Partido tolo, que puido levar calquera, que empezaba cun bo Dumbría que se vía sorprendido pola efectividade visitante. I é que na primeira chegada da Sarriana, gol ao canto, e na segunda, gol de novo.
Seguía dominando o Dumbría, pero o cadro lucense sacaba rápidas e perigosas contras. Xa co 0-2, Jesús e Adrián Nieto puideron recurtar antes do descanso, no que Canosa realizou 3 cambios, dando entrada, entre outros, a Alex Siaba, que debutaba co primeiro equipo.

Na segunda metade, asumiu riscos o cadro local e chegaron os goles. Antes Darío á media volta e Kevin de cabeza avisaban, pero en 5 minutos do ecuador do seguno tempo, Diego Cespón e Aarón conseguían igualar o choque, e houbo varias chegadas para facer o gol da vitoria. Os visitantes tamén puideron marcar nunha contra o 2-3 pero o partido rematou en táboas.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios