Completa axenda deportiva da fin de semana
Antes de ir ca previa da xornada cómpre repasar o Parte de sancións, que trouxo unha sanción por aliñación indebida. Ademais, continúan intensas as Liga de Fútbol Sala de Cee, nas que Dist. Barral e Rest. Faina II mantéñense líderes da 1ª e 2ª División respesctivamente.
E xa sen máis, imos ao repaso da xornada deportiva, comezando polo fútbol.
Comezamos pola Preferente onde os nosos terán enfrontamentos dispares. Quen máis conplicado o terá será o Soneira ante un Narón que parece o único que pode seguir o ritmo da SD. Os outros 3 equipos enfrontaranse a equipos da Mariña Lucense. O Santa Comba quere romper dunha vez o terrible comezo de ano ante o penúltimo, mentres que Xallas e Dumbría terán, a priori, rivais asequibles.
Na 1ª, o Ponteceso poderá sumar 3 puntos importantes para seguir escapando da parte baixa ademais de facerlle un favor ao Cee, e non permitir que o Eume escape demais. O Cee terá que respostar ante un Carral que segue na zona alta.
O partido da fin de semana dispútase na Liga da Costa. O Club do Mar - Camariñas medirá a fortaleza destes dous xigantes, dous equipos que están a demostrar por que levan 8 puntos de vantaxe sobre o 3º. O encontro adiántase ao sábado ás 18:00h en Paiosaco.
Ademais, o Malpica-Baio será tamén tremendamente interesante, así como o enfrontamento da parte baixa entre Zas e Nantón.
Na 3ª, o Carnota-Coristanco será o partido máis interesante, pero ollo co Cerqueda-Porteño tamén será intenso na segundo vagón.
Preferente, xornada 23
Soneira | 12/02 - 16:30 | Narón |
Santa Comba | 12/02 - 16:30 | Xove Lago |
Viveiro | 12/02 - 16:30 | Xallas |
Foz | 12/02 - 16:30 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 22
Ponteceso | 11/02 - 16:30 | Eume |
Cee | 12/02 - 16:15 | Carral |
2ª Autonómica, xornada 22
Fisterra | 11/02 - 16:15 | O Pindo |
Esteirana | 11/02 - 16:15 | Corcubión |
Club do Mar | 11/02 - 18:00 | Camariñas |
Malpica | 12/02 - 16:15 | Baio |
Dumbría B | 12/02 - 16:15 | Castriz |
Muros | 12/02 - 16:15 | Mazaricos |
San Lorenzo | 12/02 - 16:15 | Buño |
Corme | 12/02 - 16:30 | Sofán |
Zas | 12/02 - 17:00 | Nantón |
3ª Autonómica, xornada 26
Lira | 11/02 - 16:00 | Atl. Pereiriña |
Camelle | 11/02 - 16:00 | Volantes |
Laxe | 11/02 - 17:00 | Muxía |
Indep. Carballo | 11/02 - 19:00 | Outes |
Soneira B | 12/02 - 16:15 | Corcoesto |
Carnota | 12/02 - 16:15 | Coristanco |
Fisterra B | 12/02 - 16:15 | Montelouro |
Cerqueda | 12/02 - 16:15 | Porteño |
Xaviña | 12/02 - 16:45 | Cabana |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 21
Bergantiños | 11/02 - 17:00 | Arosa |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2
Cee | 11/02 - 11:00 | Camariñas |
Santa Comba | 11/02 - 16:15 | Malpica |
Soneira | 11/02 - 16:15 | Dumbría B |
Baio | 11/02 - 16:15 | Corcubión |
Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 2
Zas | 11/02 - 16:15 | Outes |
Coristanco | 11/02 - 16:15 | Dumbría |
Fisterra | 11/02 - 12:30 | Esteirana |
Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 2
Corme | 11/02 - 16:15 | Mazaricos |
Cabana | 11/02 - 16:15 | Muros |
División de Honra Cadete, xornada 21
Montañeros B | 11/02 - 18:30 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 22
Coristanco | 11/02 - 10:30 | Dumbría |
Fisterra | 11/02 - 10:30 | Baio |
Ponteceso | 11/02 - 10:30 | Santa Comba |
Muxía | 11/02 - 10:30 | Soneira |
Zas | 11/02 - 10:30 | Muros |
Camariñas | 11/02 - 10:30 | Cee |
Esteirana | 12/02 - 11:00 | Porteño |
Malpica | 12/02 - 11:00 | Cabana |
2ª Infantil, xornada 22
Coristanco | 11/02 - 12:30 | Outes |
E.M.F. Vimianzo | 11/02 - 18:30 | Cabana |
Fisterra | 12/02 - 10:30 | Ponteceso |
Esteirana | 12/02 - 10:30 | Santa Comba |
Con. de Carnota | 12/02 - 10:30 | Muxía |
Corme | 12/02 - 10:30 | Baio |
As Baleas | 12/02 - 10:30 | Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 20
1ª División
Xv. Bergantiños | 12/02 - 11:00 | Vimianzo |
Cabana | 12/02 - 11:00 | Castriz |
Nantón | 12/02 - 11:00 | Camariñas |
Buño | 12/02 - 11:00 | Baio |
San Román | 12/02 - 11:00 | Bergantiños |
Bértoa | 12/02 - 11:00 | Corcubión |
Zas | 12/02 - 11:00 | San Lorenzo |
2ª División
Porteño | 12/02 - 11:00 | Malpica |
Leiloio | 12/02 - 11:00 | Dep. Carballo |
At. Milagrosa | 12/02 - 11:00 | Sofán |
Agualada | 12/02 - 11:00 | Corcoesto |
Camelle | 12/02 - 11:00 | Corme |
Muros | 12/02 - 11:00 | Coristanco |
Soneira | 12/02 - 11:00 | Club do Mar |
Fútbol sala
- Liga Autonómica: Fisober F.S.F. – Panific. del Eo – Ribadeo F.S. 11/02/2012 ás 18:30h Municipal de Vimianzo.
- Liga Provincial:
- Concello de Ponteceso F.S.F. – A Fervenza F.S.F.: Queda aprazado para o 10 de marzo porque a Motofesta de Ponteceso ocupará o Pavillón.
– Fame Negra F.S. – A Salina de Esteiro: 11/02/2012 ás 16:00no Polideportivo O Espiño. Balonmán
- CISNE BM. - CALVO XIRIA: sábado 11/02/2012 ás 17:30h no C.G.T.D. XUNTA DE GALICIA.
- BM. PORRIÑO - BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA: sábado 11/02/2012 ás 18:00
no P. MPAL. DE PORRIÑO. Baloncesto
Sénior Masculino: Partido moi importante o que vai disputar o Oso Polar o domingo a partir das 19 horas no Pavillón Municipal de Cee. O equipo da Costa da Morte recibe ao Atocha, líder da competición (unha derrota en toda a tempada), aínda que en principio parece unha empresa moi difícil, o bo xogo despregado polo conxunto ceense na última xornada unido a un axustado resultado cultivado polo equipo coruñés no seu último enfrontamento fai que se poidan albergar esperanzas de triunfo para o equipo local.
Á espera de recuperar aos lesionados, en principio, contarase con todo o persoal para a disputa do importante partido deste fin de semana. Serán dúbidas para o encontro: David, Rober e Santi.Séniro Feminino: Pola súa banda o ES Bazarra recibe a visita do Maristas de Coruña (domingo ás 17:00
no Municipal de Cee), coa incógnita de con que equipo presentarase o equipo coruñés, xa que contan con xogadoras que xogan en 1ª Nacional (2 categorías por arriba) e nalgunhas ocasións contan con ela para reforzar o equipo. Se é así, a empresa da vitoria preséntase complicada, se pola contra, veñen co seu equipo de provincial as opcións de triunfo crecen para as da Costa da Morte.
Para este partido contan coa baixa de Lida por motivos de estudos, pero recuperamos por fin a Helena, que se todo vai segundo o previsto realizará a súa reaparición logo da longa lesión no pé, aínda que os minutos que disputará, en principio, serán escasos.Cadete feminino: O Romar Moreira Costrucciones visita a cancha do Culleredo , logo dunha semana dun traballo un tanto irregular nos adestramentos, é unha incógnita o xogo que van desenvolver as xogadoras do equipo cadete. E máis tendo en conta o mal partido xogado ante Artai a semana pasada. O partido disputarase o domingo ás 10:00
no pavillón do Burgo. Infantil feminino: O sábado a partir das 18:00
no Municipal de Cee o Ferroatlántica recibe a visita do terceiro clasificado o Laracha, un equipo moi físico e peleón, que na primeira volta foi dos conxuntos que llo puxo máis difícil ás de Cee. Infantil masculino: Acto seguido, é a quenda para os mozos do Ferroatlántica infantil masculino, que disputan o seu partido contra o Adfro coruñés (20:00
Municipal de Cee) último clasificado, coa ilusión de sumar a 3ª vitoria da tempada. Con todo, non será fácil, xa que o equipo de Coruña virá coa intención de sumar a súa primeira vitoria. Alevíns: Os equipos Ferroatlántica alevíns desprázanse como cada semana a xogar os seus partidos a Coruña, en concreto á Polideportiva Sardiñeira. Os dous conxuntos xogan os seus partidos ás 11:00, o masculino contra Compañía de María, e o feminino contra o EP Bazán Rosales.
Volei
Este domingo 12 de febreiro no pavillón de Dumbría:
- Cadete femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 10:30h.
- Infantil masculino: Manuela Rial-Teis de Vigo 10:30h.
- Infantil femenino: Manuela Rial -Teis de Vigo 12:00h.
- Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 12:00h.
Tenis de mesa
- 2ª division galega grupo centro:
– Lalin B / Anorthosis Vimianzo: Sábado 11 de febreiro en Lalín ás 17:00h.
– Concello de Zas Angepon / Dubratambre 2: Domingo 12 febreiro no ximnasio do CPI de Zas ás 11:00h. - En 3ª galega os encontros xa se celebraron o sábado pasado.
Motofesta en Ponteceso
O Motoclub Costa da Morte xa está en marcha coa organización da VIII Xuntanza Invernal de motos de Ponteceso. Este ano milleiros de motos invadirán a vila de Pondal o vindeiro sábado 11 de febreiro para convertila na capital das dúas rodas.
Judo
Wste vindeiro sábado dia 11 de febreiro a partir das 16:30h, celebrarase na Polideportiva Municipal de Corme-Porto, (Ponteceso), a xornada do Xoga-judo zona A Costa.
Campionato de Tirabalas
Orixinal O I Campionato de Tirabalas Ponteceso 2012 que serve para recuperar un dos xogos tradicionais máis auténticos do país. A cita será o vindeiro sábado 11 de febreiro, a partir das 11:00h no Centro Cultural, así aínda queda tempo para ir recuperando puntería.
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións con aliñación indebida.
- Ligas Xuvenís: O norte golpea primeiro.
- Paixón, ledicia, tristeza, ilusión e moita deportividade nas Finais das LCFs.
- 3ª Autonómica: Fin de semana sen sorpresas pero con sobresaltos.
- 2ª Autonómica: O grupo de perseguidores ameanzan o triunvirato.
- 1ª Autonómica: Derrota triple.
- Preferente: Dous cara arriba e dous cara abaixo.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).