Só o infantil do Manuela Rial volve con vitoria da Coruña
Esta fin de semana, os enfrontamentos entre os equipos ceenses do Manuela Rial e os coruñeses do Calasancias saldáronse cun balance favorable aos herculinos. A única vitoria costeira foi dos infantis do Manuela Rial que continúan invictos na Liga Galega. Costoulles entrar no partido pero unha vez co fixeron demostraron a súa superioridade para vencer por un tanteo 1-3 (27-25 / 16-25 / 15-25 / 14-25). O partido tamen serviu para darlles minutos os menos habituais que estiveron en bo nivel.
Disputada está sendo a Liga Galega cadete masculina, xa que a excepción do líder Vigo, entre os demais equipos predomina a igualdade e da lugar a partidos moi disputados que se deciden no 5º set coma o que disputaron Calasancias e Voleibol Dumbría a favor dos herculinos por 3-2 (25-21 / 24-26 / 17-25 / 25-21 / 15-10). Tanta igualdade non permite dilucidar ata a ultima xornada que 4 equipos disputaran o titulo nas semifinais e finais. O dumbrieses ocupan a 4º praza igualados con dous equipos máis.
As rapazas colleitaron sen moita batalla xa que as nosas non creen nas súas posibilidades e se presentan sen ambición.
- Xuvenil femenino: Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-23 / 25-17 / 25-20)
- Cadete femenino: - Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-17 / 25-22 / 25-15)
- Infantil femenino: Calasancias- Manuela Rial 3 - 0 (25-15 / 25-19 / 25-8)
Vindeira cita
Este domingo no pavillón de Dumbría:
- Cadete femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 10:30h
- Infantil masculino: Manuela Rial-Teis de Vigo 10:30h
- Infantil femenino: Manuela Rial -Teis de Vigo 12:00h
- Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 12:00h
Novas relacionadas
- Os cadetes do Volei Dumbría sofren pero gañan e manteñen opcións de ascenso á Liga Galega.
- O Manuela Rial afiánzase no liderato da Liga Galega.
- Os infantís do Manuela Rial retoman a competición con vitoria.
- 3 xogadores do Manuela Rial e un do Volei Dumbría celebran os Reis coa Selección Galega.
- As xuvenís do Volei Dumbría recuperan o ánimo cunha vitoria para pechar o ano.
- Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais.
- A Costa exporta á Selección Galega 7 xogadores de volei e 2 de balonmán.
- A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.