Ponteceso Tirabalas


Fantástica a proposta do Museo Etnolúdico Galego (MELGA) e o Concello de Ponteceso, que sempre mira polo patrimonio lúdico tradicional. O I Campionato de Tirabalas Ponteceso 2012 servirá para recuperar un dos xogos tradicionais máis auténticos do país.
A cita será o vindeiro sábado 11 de febreiro, a partir das 11:00h no Centro Cultural, así aínda queda tempo para ir recuperando puntería. Haberá varias categorías, pensadas para todas as idades, e será unha competición a eliminación directa coon 15 lanzamentos, para derrubar uns botes, por partida.
Ademais, para acodir ao campionato terás que facerte o teu propio tirabalas persoal para a competición. Os tirabalas serán construidos con forquita (garabullo galleiro, pinza) de madeira, gomas de caucho ou látex e badana de coiro. Excepcionalmente na categoría “menino/a” os tirabalas serán emprestados pola organización do evento. E a organización do torneo tamen achegará a “munición” de lanzamento.
As inscricións rematan o vindeiro 9 de febreiro, se ben o propio 11 entre as 10:00 e as 11:00h poderán inscribirse os máis retrasados.
Novas relacionadas
- Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? .
- Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso.
- San Martiño 2010: A revolución do trompo chegou a Corcubión.
- Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.
Fonte
- Concello de Ponteceso.