mércores. 30.04.2025
El tiempo

Completa axenda deportiva da fin de semana

Completa axenda deportiva da fin de semana

Antes de ir ca previa da xornada cómpre repasar o Parte de sancións, que trouxo unha sanción por aliñación indebida. Ademais, continúan intensas as Liga de Fútbol Sala de Cee, nas que Dist. Barral e Rest. Faina II mantéñense líderes da 1ª e 2ª División respesctivamente.

E xa sen máis, imos ao repaso da xornada deportiva, comezando polo fútbol.

Comezamos pola Preferente onde os nosos terán enfrontamentos dispares. Quen máis conplicado o terá será o Soneira ante un Narón que parece o único que pode seguir o ritmo da SD. Os outros 3 equipos enfrontaranse a equipos da Mariña Lucense. O Santa Comba quere romper dunha vez o terrible comezo de ano ante o penúltimo, mentres que Xallas e Dumbría terán, a priori, rivais asequibles.

Na , o Ponteceso poderá sumar 3 puntos importantes para seguir escapando da parte baixa ademais de facerlle un favor ao Cee, e non permitir que o Eume escape demais. O Cee terá que respostar ante un Carral que segue na zona alta.

O partido da fin de semana dispútase na Liga da Costa. O Club do Mar - Camariñas medirá a fortaleza destes dous xigantes, dous equipos que están a demostrar por que levan 8 puntos de vantaxe sobre o 3º. O encontro adiántase ao sábado ás 18:00h en Paiosaco.
Ademais, o Malpica-Baio será tamén tremendamente interesante, así como o enfrontamento da parte baixa entre Zas e Nantón.

Na , o Carnota-Coristanco será o partido máis interesante, pero ollo co Cerqueda-Porteño tamén será intenso na segundo vagón.

Preferente, xornada 23

Soneira 12/02 - 16:30 Narón
Santa Comba 12/02 - 16:30 Xove Lago
Viveiro 12/02 - 16:30 Xallas
Foz 12/02 - 16:30 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 22

Ponteceso 11/02 - 16:30 Eume
Cee 12/02 - 16:15 Carral

2ª Autonómica, xornada 22

Fisterra 11/02 - 16:15 O Pindo
Esteirana 11/02 - 16:15 Corcubión
Club do Mar 11/02 - 18:00 Camariñas
Malpica 12/02 - 16:15 Baio
Dumbría B 12/02 - 16:15 Castriz
Muros 12/02 - 16:15 Mazaricos
San Lorenzo 12/02 - 16:15 Buño
Corme 12/02 - 16:30 Sofán
Zas 12/02 - 17:00 Nantón

3ª Autonómica, xornada 26

Lira 11/02 - 16:00 Atl. Pereiriña
Camelle 11/02 - 16:00 Volantes
Laxe 11/02 - 17:00 Muxía
Indep. Carballo 11/02 - 19:00 Outes
Soneira B 12/02 - 16:15 Corcoesto
Carnota 12/02 - 16:15 Coristanco
Fisterra B 12/02 - 16:15 Montelouro
Cerqueda 12/02 - 16:15 Porteño
Xaviña 12/02 - 16:45 Cabana

Liga Nacional Xuvenil, xornada 21

Bergantiños 11/02 - 17:00 Arosa

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Cee 11/02 - 11:00 Camariñas
Santa Comba 11/02 - 16:15 Malpica
Soneira 11/02 - 16:15 Dumbría B
Baio 11/02 - 16:15 Corcubión

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 2

Zas 11/02 - 16:15 Outes
Coristanco 11/02 - 16:15 Dumbría
Fisterra 11/02 - 12:30 Esteirana

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 2

Corme 11/02 - 16:15 Mazaricos
Cabana 11/02 - 16:15 Muros

División de Honra Cadete, xornada 21

Montañeros B 11/02 - 18:30 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 22

Coristanco 11/02 - 10:30 Dumbría
Fisterra 11/02 - 10:30 Baio
Ponteceso 11/02 - 10:30 Santa Comba
Muxía 11/02 - 10:30 Soneira
Zas 11/02 - 10:30 Muros
Camariñas 11/02 - 10:30 Cee
Esteirana 12/02 - 11:00 Porteño
Malpica 12/02 - 11:00 Cabana

2ª Infantil, xornada 22

Coristanco 11/02 - 12:30 Outes
E.M.F. Vimianzo 11/02 - 18:30 Cabana
Fisterra 12/02 - 10:30 Ponteceso
Esteirana 12/02 - 10:30 Santa Comba
Con. de Carnota 12/02 - 10:30 Muxía
Corme 12/02 - 10:30 Baio
As Baleas 12/02 - 10:30 Cee

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

Xv. Bergantiños 12/02 - 11:00 Vimianzo
Cabana 12/02 - 11:00 Castriz
Nantón 12/02 - 11:00 Camariñas
Buño 12/02 - 11:00 Baio
San Román 12/02 - 11:00 Bergantiños
Bértoa 12/02 - 11:00 Corcubión
Zas 12/02 - 11:00 San Lorenzo

2ª División

Porteño 12/02 - 11:00 Malpica
Leiloio 12/02 - 11:00 Dep. Carballo
At. Milagrosa 12/02 - 11:00 Sofán
Agualada 12/02 - 11:00 Corcoesto
Camelle 12/02 - 11:00 Corme
Muros 12/02 - 11:00 Coristanco
Soneira 12/02 - 11:00 Club do Mar

Fútbol sala

  • Liga Autonómica: Fisober F.S.F. – Panific. del Eo – Ribadeo F.S. 11/02/2012 ás 18:30h Municipal de Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - Concello de Ponteceso F.S.F. – A Fervenza F.S.F.: Queda aprazado para o 10 de marzo porque a Motofesta de Ponteceso ocupará o Pavillón.
    – Fame Negra F.S. – A Salina de Esteiro: 11/02/2012 ás 16:00 no Polideportivo O Espiño.
  • Balonmán

    • CISNE BM. - CALVO XIRIA: sábado 11/02/2012 ás 17:30h no C.G.T.D. XUNTA DE GALICIA.
    • BM. PORRIÑO - BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA: sábado 11/02/2012 ás 18:00 no P. MPAL. DE PORRIÑO.

    Baloncesto

    Sénior Masculino: Partido moi importante o que vai disputar o Oso Polar o domingo a partir das 19 horas no Pavillón Municipal de Cee. O equipo da Costa da Morte recibe ao Atocha, líder da competición (unha derrota en toda a tempada), aínda que en principio parece unha empresa moi difícil, o bo xogo despregado polo conxunto ceense na última xornada unido a un axustado resultado cultivado polo equipo coruñés no seu último enfrontamento fai que se poidan albergar esperanzas de triunfo para o equipo local.
    Á espera de recuperar aos lesionados, en principio, contarase con todo o persoal para a disputa do importante partido deste fin de semana. Serán dúbidas para o encontro: David, Rober e Santi.

    Séniro Feminino: Pola súa banda o ES Bazarra recibe a visita do Maristas de Coruña (domingo ás 17:00 no Municipal de Cee), coa incógnita de con que equipo presentarase o equipo coruñés, xa que contan con xogadoras que xogan en 1ª Nacional (2 categorías por arriba) e nalgunhas ocasións contan con ela para reforzar o equipo. Se é así, a empresa da vitoria preséntase complicada, se pola contra, veñen co seu equipo de provincial as opcións de triunfo crecen para as da Costa da Morte.
    Para este partido contan coa baixa de Lida por motivos de estudos, pero recuperamos por fin a Helena, que se todo vai segundo o previsto realizará a súa reaparición logo da longa lesión no pé, aínda que os minutos que disputará, en principio, serán escasos.

    Cadete feminino: O Romar Moreira Costrucciones visita a cancha do Culleredo , logo dunha semana dun traballo un tanto irregular nos adestramentos, é unha incógnita o xogo que van desenvolver as xogadoras do equipo cadete. E máis tendo en conta o mal partido xogado ante Artai a semana pasada. O partido disputarase o domingo ás 10:00 no pavillón do Burgo.

    Infantil feminino: O sábado a partir das 18:00 no Municipal de Cee o Ferroatlántica recibe a visita do terceiro clasificado o Laracha, un equipo moi físico e peleón, que na primeira volta foi dos conxuntos que llo puxo máis difícil ás de Cee.

    Infantil masculino: Acto seguido, é a quenda para os mozos do Ferroatlántica infantil masculino, que disputan o seu partido contra o Adfro coruñés (20:00 Municipal de Cee) último clasificado, coa ilusión de sumar a 3ª vitoria da tempada. Con todo, non será fácil, xa que o equipo de Coruña virá coa intención de sumar a súa primeira vitoria.

    Alevíns: Os equipos Ferroatlántica alevíns desprázanse como cada semana a xogar os seus partidos a Coruña, en concreto á Polideportiva Sardiñeira. Os dous conxuntos xogan os seus partidos ás 11:00, o masculino contra Compañía de María, e o feminino contra o EP Bazán Rosales.

    Volei

    Este domingo 12 de febreiro no pavillón de Dumbría:

    • Cadete femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 10:30h.
    • Infantil masculino: Manuela Rial-Teis de Vigo 10:30h.
    • Infantil femenino: Manuela Rial -Teis de Vigo 12:00h.
    • Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 12:00h.

    Tenis de mesa

    • 2ª division galega grupo centro:
      – Lalin B / Anorthosis Vimianzo: Sábado 11 de febreiro en Lalín ás 17:00h.
      – Concello de Zas Angepon / Dubratambre 2: Domingo 12 febreiro no ximnasio do CPI de Zas ás 11:00h.
    • En 3ª galega os encontros xa se celebraron o sábado pasado.

    Motofesta en Ponteceso

    O Motoclub Costa da Morte xa está en marcha coa organización da VIII Xuntanza Invernal de motos de Ponteceso. Este ano milleiros de motos invadirán a vila de Pondal o vindeiro sábado 11 de febreiro para convertila na capital das dúas rodas.

    Judo

    Wste vindeiro sábado dia 11 de febreiro a partir das 16:30h, celebrarase na Polideportiva Municipal de Corme-Porto, (Ponteceso), a xornada do Xoga-judo zona A Costa.

    Campionato de Tirabalas

    Orixinal O I Campionato de Tirabalas Ponteceso 2012 que serve para recuperar un dos xogos tradicionais máis auténticos do país. A cita será o vindeiro sábado 11 de febreiro, a partir das 11:00h no Centro Cultural, así aínda queda tempo para ir recuperando puntería.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios