Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Oso Polar a piques de dar a sorpresa en Ferrol

O Oso Polar a piques de dar a sorpresa en Ferrol

Moi bo partido o xogado polos Osos en Ferrol, e a pesar das numerosas baixas coas que xa se contaba (Rober, Santi, José Ramón e Sergio) e a lesión no primeiro minuto do partido de Fabián, o equipo soubo reporse a todo e cunha gran defensa estívose a piques de dar a sorpresa...

Repasamos ademais os encontros, e os "no encontros", de todos os equipos do clube costeiro.

Sénior masculino

  • Resultado: RECIMIL 60-OSO POLAR 55.
  • Oso Polar (15, 13, 13, 13, 1): David (20), Pais (26), Fabián, Manu e Iván (4). Tamén xogaron: José (2), Andrés, e Anxo (3).

O primeiro cuarto comezou con bastante acerto por parte do equipo local, que apoiados na súa gran estrela, Dopico, conseguían rabuñar as primeiras diferenzas no marcador.
O segundo cuarto empezou mellor para os da Costa da Morte, con todo unha serie de erros pouco antes de chegar ao descanso botaron por terra os esforzos realizados durante boa parte do 2º período. Así a diferenza era de 5 puntos a favor do Recimil.

Pero o Costa da Morte sempre creu na vitoria, sustentados nunha gran defensa (gran marcaxe o de José ao mellor xogador do equipo ferrolán) e cun Pais inmenso en ataque (26 puntos) ben arroupado por David (20) conseguiu colocarse por diante no marcador e manter unha mínima diferenza de 2 ó 4 puntos ata mediado o último período.

Co partido controlado, pero as forzas un pouco xustas, se cometiron varios erros que fixeron que o Recimil se metira de novo no encontro. Chegábase aos últimos 29 segundos de encontro con 2 puntos de desvantaxe, pero nunha boa acción colectiva David anotou a canastra que igualaba o marcador, pero aínda quedaba realizar unha boa defensa final para poder acceder á prórroga. E así foi, unha vez máis se defendeu con moita intensidade e conseguiuse un tiro forzado do equipo local.

A prórroga con todo, foi outro cantar... cos depósitos de gasolina na reserva (David 45 minutos xogados e Pais 44) e ante unha meritoria defensa en zona proposta polo adestrador de Recimil, os Osos nada puideron facer.

Vindeira cita

A próxima xornada os costeiros reciben ao lider da competición, Atocha, co firme propósito de xogar un gran partido e de dar a sorpresa. O partido disputarase o domingo ás 19:00 no pavillón Municipal de Cee.

Sénior Feminino

  • Resultado: ADFRO - ES BAZARRA (14-31)
  • ES BAZARRA (2, 17, 7, 5): Laura (7), Alba (8), Sandra (14), Andrea (2). Lucía e Goreti.

O partido estaba marcado de antemán polas baixas do ES Bazarra (Lida, Helena, Meli e Michelle). Con todo as xogadoras do Costa da Morte sempre deron a cara a pesar de non contar con rotacións desde o banco. O partido comezou con moita ansiedade por parte das visitantes por facer as cousas ben, pero caendo na precipitación, o que lles levou a cometer moitos erros, e a anotar tan só 2 puntos neste período.

Todo cambiaría no seguinte. Un cuarto espectacular tanto en ataque como en defensa deixaba ao descanso o encontro finiquitado (0-17 foi o parcial do 2º cuarto).

Despois do descanso as forzas e as persoais empezaron a facer madeixa no equipo ceense, que se limitou a controlar o partido, xa que a 5ª falta de Alba obrigaba a non poder facer cambios, ata nun momento do partdo, Laura recibiu un golpe no nariz e comezou a sangrar, co que na pista tivéronse que quedar 4 jabatas que nunca lle perderon a cara ao partido.

Vindeira cita

A próxima xornada o ES Bazarra recibe a visita de Maristas Coruña, no que pode ser unha boa opción de realizar un bo encontro e quen sabe se de sumar unha nova vitoria á marcadora.

Infantil feminino

  • Resultado: MARISTAS CORUÑA - FERROTLÁNTICA (9-73)

O resultado fala ben ás claras da superioridade das mozas xogadoras ceenses, con todo non sería bo que chegase a relaxación, xa que se cometeron numeros erros en situacións de 1x0 e tiros fáciles, que poden ser determinantes en partidos igualados.

Cadete Feminino

O Romar Moreira Construcións non disputou o seu partido contra Obradoiro, que foi aprazado.

Infantil masculino

Xornada de descanso para o Ferroatlántica.

Alevín masculino

Na mañá do sábado o Ferroatlántica alevín masculino debía xogar o seu partido contra o Liceo a Paz B, que se presentou ao ao encontro con 4 xogadores, xa que logo os da Costa da Morte gañaron por incomparecencia do rival.

Alevín feminino

O Ferroatlántica alevín feminino xogou novamente un partido moi igualado contra o Culleredo, e desgraciadamente volveu saír cruz.... Logo dos 3 primeiros períodos nos que o equipo da Costa da Morte non pelexou como adoita, tras o descanso a loita intensificouse e soñouse con poder conseguir a ansiada vitoria, pero o equipo de Culleredo aprvechó moi ben os escasos erros que se cometiron na segunda parte para levar a vitoria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios