Venres. 26.04.2024
El tiempo

Completa fin de semana de resultados e experiencias para o Club Arte e Movemento

Completa fin de semana de resultados e experiencias para o Club Arte e Movemento
Deportistas do Clb Arte e Movemento de viaxe Familia do Club Arte e Movemento de viaxe

Completa fin de semana para a familia do club Arte e Movemento. Coble cita coa competición federada, tanto en Taekwondo como en Baile Deportivo.

Dous campionatos que seguen completando un inicio de campaña de vertixe, con competicións practicamente cada fin de semana a nivel galego e estatal.

Taekwondo

O sábado 25, a sección de Taekwondo do club costeiro participou no Open Internacional de Moaña, proba RG2 puntuable para o ranking. Entre os máis de 1000 deportistas, había 4 costeiros: Samuel Méndez (13 anos), Xoel de la Iglesia (13 anos), Andrea Garcia (15 anos) e Anxo Méndez (15 anos).

Os resultados foron moi bos. Samuel acadou a victoria en cuartos, tamen na semi e logrou o paso a final, onde finalmente acadou a prata.
Tamen gañou os seus dous primeiros combates Xoel, que se impuxo en oitavos de final e en cuartos de final. Pero na semifinal non logrou superar o rival, acadando un bronce. Andrea e Anxo, lograron a vitoria nos cuartos de final respectivos, e caeron en semis, acadando asi tamén o bronce.
Polo tanto, o balance é 4 deportistas e 4 podios (1 prata e 3 bronces).

4 medallas do Club Arte e Movemento en Taekwondo  

Baile deportivo

Unha das parellas de baile do Club Arte e Movemento Unha das parellas de baile do Club Arte e Movemento

A sección de Baile Deportivo Arte e Movemento, segue ao mesmo ritmo, nunca mellor dito. O domingo 26, participamos no Trofeo Eurocidade en Valenca (Portugal), proba puntuable para o ranking. Participaron 10 deportistas, cuns resultados tamén esperados:

- Vicente López e Laura Marcote (16 e 15 anos), acadaron o ouro na competicion de Bailes Standard territorial, e o bronce na de Bailes Latinos Nacional - Iván Martinez e Maria Iglesias (15 e 14 anos), acadaron o ouro en Bailes Standard Territorial e a prata en Bailes Latinos Territorial - Alberto Martínez e Mar Marcote (16 e 17 anos), acadaron a prata en Latinos e en Standard Territorial - Cristian Dominguez e Melani Lois (21 anos), acadaron o ouro en Bailes Latinos Nacional - Nacho Esperante e Iria Otero (12 anos), disputaron unha intensa final pero non lograron o podio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios