Corcubión prepara a súa I Ruta Cicloturista

09:20 17/07/13

Moi boa a proposta corcubionesa nestes tempos nos que as dúas rodas son xa unha moda. O vindeiro sábado 27 de xullo do 2013, ás 11:00h sairán da Praza de Castelao unha chea de bicis.
Serán apenas 16 km percorrendo as 3 parroquias do Concello, saíndo primeiramente ata o Cabo C, adentrándonos ata Olveira, A Redonda para volver por Amarela, e San Roque e volver a baixar á vila de San Marcos.
Poden realizar a inscrición ata o propio día 27 de Xullo ás 10:30 horas, no Concello ou ben o dúa 27 na propioa Praza.
Máis información

Novas relacionadas
- O 21 de xullo Muxía acollerá un gran Triatlón popular.
- Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca.
- O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).