Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corme, Outes e Cee xogarán unha fase previa da Fase de Ascenso á Liga Galega ante os campións da Coruña en Xaviña

Corme, Outes e Cee xogarán unha fase previa da Fase de Ascenso á Liga Galega ante os campións da Coruña en Xaviña
Corme Outes e Cee campions da Costa Corme Xuvenil, Outes Cadete e Cee Infantil, os campións da Costa A Costa e a Coruña son un só sector a nivel competicional. Mágoa porque mentres os campións das ligas de Ferrol, Lugo e Santiago saen directamente a unha final única para poder conseguir o ascenso ás Ligas Galegas. Pero costeiros e herculinos deben dirimirse nunha previa para determinar ao campión da delegación da Coruña. Unha eliminatoria a partido único que se celebrará no campo de Xaviña de Buño, esté sábado 5 de maio, nunha completa xornada de fútbol base da mellor calidade. Así, o Corme, campión de Xuvenís (que si que vai facer a Fase, ademais de xogar a Copa e axudar aos sénior coa súa Copa), terá que enfrontarse ao Once Caballeros. A cita, ás 11:00h. Os cadetes do Outes enfrontaranse ao Orillamar xa ás 16:00h. De seguido, ás 18:15h, será o turno do Cee, campión Infantil da Costa, que buscará o pase á eliminatoria final da Fase de Asceso tamén ante o Orillamar. En caso de empate, irán a penaltis. Como dicimos, se gañan irán a unha eliminatoria final directa ante un dos outros campións de Santiago, Lugo ou Ferrol. Se perden, terán que superar 4 eliminatorias para ascender. Teredes os resultados segundo rematen os partidos en www.copadacosta.com.

Novas relacionadas

Comentarios