Martes. 15.10.2024
El tiempo

Cristian e Laura ascenden á primeira división do baile deportivo

Cristian e Laura ascenden á primeira división do baile deportivo
Cristian e Laura conseguiron o segundo posto en Eliana

Segue colleitando triunfos o baile costeiro da man do Clube Arte e Movemento. A pasada fin de semana, o clube deportivo viaxou a L'Eliana (Valencia), con 2 parellas tras ser seleccionadas pola Federación Española de Baile Deportivo, para participar na Copa Promoción, competindo polo ascenso de categoría. E as novas se ben puideron ser un pouco mellores, foron excelentes.

A Copa Promoción realizábase o domingo en horario de mañá, comezando as 7:30h e rematando as 13:00 h, con 3 pistas sendo xuzgadas ó mesmo tempo.
Tras un importante madrugón, as dúas parellas ceenses participaron nas súas respectivas categorías, e unha delas Cristian Domínguez e Laura Rivadulla, conseguiron o 2º posto, o que lles serve para ascender (só promocionaban de categoria as 2 primeiras parellas). Unha gran nova para a parella de Cee.

Por outro lado, a outra parella formada polos tamén ceenses Roberto Ézara e Patricia Túñez, tiveron que volver sen promoción, xa que quedaron fóra en semifinais. Así e todo, xa foi toda unha experiencia viaxar ata Valencia para competir a nivel estatal.

Parabéns para toda a familia do baile costeiro.

Vindeira cita

Este proximo domingo 5 parellas do clube participaran no I trofeo Vila de Vilalba, sendo esta unha proba puntuable para o ranking nacional.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.

Comentarios