Crónicas dunha fin de semana de fútbol a medias
O parón por Semana Santa non foi completo. Ademais do Tofeo José Insua en Fisterra, foron varios os encontros que se disputaron estes días.
Como a doble sesión do Soneira na incrible Preferente. Doble sesión, e doble empate, como non. 2-2 ante o Foz na casa e 0-0 en Cantalarrana ante o Viveiro.
Tamén se adiantaron sendos encontros da Copa e da Liga da Costa. E sen sorpresas.
Preferente, xornada 28: Viveiro - Soneira (0-0)
- Soneira: Fran; Ferreiro (Darío, min.65), Fran de Urroa (Miguel, min.65), Javi, Pablo, Santi, Víctor García, Michel (Víctor Vecino, min.75), Jorge (Roberto, min.70), Vituco (Vía Rápida, min.85), Mario.
17 empates os que leva o Soneira na Preferente con estes 2 colleitados esta semana santa. Xa é o rei do empate e sendo o rival deste domingo, o Viveiro, o segundo que máis empataba, con 15. Así que o máis normal era un empate e así foi.
Preferente, xornada 37: Soneira - Foz (2-2)
- Soneira: Soneira: Fran, Pablo, Darío (Ferreiro, min.55), Miguel, Roberto, Víctor Vecino (Fran de Urroa, min.55), García (Santi, min.55), Kike, Michel, Vía Rápida (Jorge, min 54); Vituco.
- Goles: 1-0, min.10: Kike: 1-1, min.40; 1-2, min.50; 2-2, min.70: Vituco.
Dous goles en propia meta puxeron as cousas complicadas para os vimianceses. E iso que Kike adiantara aos seus cun fermoso tanto. Foi VItuco o que acadaba o xusto empate aínda con 20 minutos para o final, pero non se movería o marcador.
Copa da Costa: Porteño - Muxía (1-1)
- Porteño: Sacho, Brais, Pejo, Manuel, Oscar (Iago, min.70), Quilmes, Piti (Roi, min.50), Martín (Rubén, min.70), Iago, Tajes (Iván, min.50), Cousillas.
- Muxía: Angel Luís, Dani, Chans, Angel do Claudio, Chori, Papi, Josiño, Albertiño (Carliños, min.89), Sancho (Martín, min.83), David e Dimas.
- Goles: 0-1, min.60: Chori; 1-1, min.87: Quilmes.
Partido igualado, no que os visitantes tiveron dúas moi boas ocasións de gol, unha aos tres minutos, pero David só a porta valeira non acerta a marcar coa cabeza. Xusto antes do gol muxián, o local Yago puido adiantar aos da Ponte, pero marrou. Quen non o faría sería Chori que marcaba cun gol olímpico.
Este gol espetou aos locais, que se viñeron algo máis arriba. No minuto 75 unha dobre remate de David e logo de Papi non acabou en gol inexplicablemente. Xa a rentes do final Quilmes igualaba o marcador ao marcar cun disparo dende a frontal da área.
Liga da Costa: Club do Mar - O Pindo (3-0)
- Goles: 1-0, min.10: Diego a centro de Brais; 2-0, min.25: Brais; 3-0, min.40: Diego.
Con 10 xogadores presentábase o Pindo en Paiosaco no encontro adiantado da penúltima xornada da Liga da Costa. E pouca fronte puido ofrecer ante un Club do Mar, que xa pensa máis no ano que vén que na mesma Copa da Costa.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- O Fisterra vence ao Cee no Trofeo Juan Insua.
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa: Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).