mércores. 30.04.2025
El tiempo

Crónicas dunha fin de semana de fútbol a medias

Crónicas dunha fin de semana de fútbol a medias

O parón por Semana Santa non foi completo. Ademais do Tofeo José Insua en Fisterra, foron varios os encontros que se disputaron estes días.

Como a doble sesión do Soneira na incrible Preferente. Doble sesión, e doble empate, como non. 2-2 ante o Foz na casa e 0-0 en Cantalarrana ante o Viveiro.

Tamén se adiantaron sendos encontros da Copa e da Liga da Costa. E sen sorpresas.

Preferente, xornada 28: Viveiro - Soneira (0-0)

  • Soneira: Fran; Ferreiro (Darío, min.65), Fran de Urroa (Miguel, min.65), Javi, Pablo, Santi, Víctor García, Michel (Víctor Vecino, min.75), Jorge (Roberto, min.70), Vituco (Vía Rápida, min.85), Mario.

17 empates os que leva o Soneira na Preferente con estes 2 colleitados esta semana santa. Xa é o rei do empate e sendo o rival deste domingo, o Viveiro, o segundo que máis empataba, con 15. Así que o máis normal era un empate e así foi.

Preferente, xornada 37: Soneira - Foz (2-2)

  • Soneira: Soneira: Fran, Pablo, Darío (Ferreiro, min.55), Miguel, Roberto, Víctor Vecino (Fran de Urroa, min.55), García (Santi, min.55), Kike, Michel, Vía Rápida (Jorge, min 54); Vituco.
  • Goles: 1-0, min.10: Kike: 1-1, min.40; 1-2, min.50; 2-2, min.70: Vituco.

Dous goles en propia meta puxeron as cousas complicadas para os vimianceses. E iso que Kike adiantara aos seus cun fermoso tanto. Foi VItuco o que acadaba o xusto empate aínda con 20 minutos para o final, pero non se movería o marcador.

Copa da Costa: Porteño - Muxía (1-1)

  • Porteño: Sacho, Brais, Pejo, Manuel, Oscar (Iago, min.70), Quilmes, Piti (Roi, min.50), Martín (Rubén, min.70), Iago, Tajes (Iván, min.50), Cousillas.
  • Muxía: Angel Luís, Dani, Chans, Angel do Claudio, Chori, Papi, Josiño, Albertiño (Carliños, min.89), Sancho (Martín, min.83), David e Dimas.
  • Goles: 0-1, min.60: Chori; 1-1, min.87: Quilmes.

Partido igualado, no que os visitantes tiveron dúas moi boas ocasións de gol, unha aos tres minutos, pero David só a porta valeira non acerta a marcar coa cabeza. Xusto antes do gol muxián, o local Yago puido adiantar aos da Ponte, pero marrou. Quen non o faría sería Chori que marcaba cun gol olímpico.

Este gol espetou aos locais, que se viñeron algo máis arriba. No minuto 75 unha dobre remate de David e logo de Papi non acabou en gol inexplicablemente. Xa a rentes do final Quilmes igualaba o marcador ao marcar cun disparo dende a frontal da área.

Liga da Costa: Club do Mar - O Pindo (3-0)

  • Goles: 1-0, min.10: Diego a centro de Brais; 2-0, min.25: Brais; 3-0, min.40: Diego.

Con 10 xogadores presentábase o Pindo en Paiosaco no encontro adiantado da penúltima xornada da Liga da Costa. E pouca fronte puido ofrecer ante un Club do Mar, que xa pensa máis no ano que vén que na mesma Copa da Costa.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios