Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race
08:20 06/06/17
Damián Espasandín, á esquerda, cos seus compañeiros trala Gladiator Race de Pontevedra
Como van a nosa parella de gladiadores soneirán. Damián Espasandín (Vimianzo) e Paula Esteiro (Camariñas) veñen de participar na Gladiator Race celebrada este pasado sábado en Pontevedra. Unha proba puntuable para o campionato de España na que participaron máis de 2000 valentes.
Pero ollo cos resultados, que se Damián quedou 3º en Élite Pro Masculino, Paula gañou a carreira en Élite Pro Feminino, as categorías máis esixentes. Uns resultados que lle permiten subir ao vimiancés, unha das almas de DAFIT, ao 3º posto da clasificación xeral, mentres que a camariñá é xa 2ª a nivel nacional.
Paula Esteiro, á esquerda, e Damián, terceiro pola esquerda, co equipo
Ademais, como equipos van de 1ª na categoría máis alta, a de Elite.
Unha categoría na que tamén participou o equipo de tanda popular de DAFIT, que quedaron nada menos que no 2º posto.
O Conco Box Team de DaFIT en Pontevedra
Equipo de DAFIT-Conco Box no Gladiator de Pontevedra
Camiño ao Europeo
Toca pensar xa no Campionato de Europa que se celebra a primeira fin de semana de xullo en Holanda. Pero tamén teñen as miras postas no Mundial, que se celebrará en Canada en outubro, emais no Nacional, que terá lugar en Badajoz o vindeiro mes de novembro.Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos.
- Míchel Antelo rompe as súas marcas na media maratón de Behobia.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Unha Campiona de Europa para Mazaricos.
- Rocío Alvite gaña en Vimianzo e prepara a Carreira Pedestre de Mazaricos.
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).