Venres. 29.03.2024
El tiempo

De Carballo... e paran de carallo

De Carballo... e paran de carallo
Os Sub 23 Javi Souto e Diego Mallo están a desesperar aos rivais de San Lorenzo e Baio respectivamente coas súas paradas imposibles e un papel cada vez máis protagonista na loita polo título; parece xa parte dun traballo fértil e con pedigrí nas Escolas bergantiñáns Os porteiros Javi Souto do San Lorenzo e Diego do Baio. Fotos de David Pena e Santi Soneira Os porteiros Javi Souto do San Lorenzo e Diego do Baio. Fotos de David Pena e Santi Soneira Os arxentinos a pisan, os vascos xogan duro, os canarios teñen clase, os ingleses son nobres… e os de Carballo a sacan da escuadra máis sinxelo que ninguén. Postos a tópicos, e vistas tanto as categorías autonómicas máis altas como a Liga da Costa, tampouco vai demasiado desencamiñado. Os dous últimos grandes productos da factoría Luis Calvo en exercer de xefes de seguridad dos seus equipos están a desesperar aos rivais de San Lorenzo de Verdillo e Baio. No seu Concello natal permanece Javier Souto Lanes (1996), mentres que baixo paus no Platas Reinoso está cada quince días Diego Mallo Varela (1995). O guante de ouro da Segunda costeira ben o podían ir partindo ao cincuenta por cen estes continuadores naturais dunha tendencia iniciada hai tres anos por Fedeyo (Sofán) e Julián (Xallas). De feito, os catro teñen coincidido dunha ou outra forma e herdado unha especie de forma compulsiva de traballo. "Eles transmiten ganas de competir e ser os mellores; coñecémonos de hai moitos anos e temos adestrado moito tempo xuntos", confesa Javi, nunha línea moi semellante á do seu excompañeiro e agora rival polo título de Segunda. "Tuven a sorte de compartir vestiarios cos tres estes anos, nos cales aprendín moito e recibin moitos consellos; é impresionante como traballan cada adestramento, deixan todo no campo e creo que de ai ven o resultado desta xeración", subraia. No segundo da Liga da Costa, o Baio, está Diego. Aos seus 21 anos pode presumir de ter unha carreira tan extensa coma ilustre en canto aos clubes nos que ten militado. A súa xuventude é das poucas cualidades que non se reflicte nun xogo dominado pola axilidade, pero tamén polos reflexos e unha envergadura de gran arqueiro. Agora, na entidade branquiazul, é ademais algo máis compreto que nos seus inicios en Suiza ou no seu paso por Bergantiños, Montañeros, San Lorenzo ou Laracha. Do seu papel coma peza base do equipo di: "Houbo bastante tempo retirado dos terreos de xogo por un problema de muñeca, case tres meses, pero grazas aos ánimos dos seareiros, compañeiros e directiva a volta foi moito máis sinxela, e nestes momentos estou a atrevesar un bo momento físico e mental, e o equipo está a funcionar tan ben polo traballo semanal". E no seu debe anota unha cualidade que seguro que ha de chegar cos anos. "Sempre hai cousas que mellorar, pero a min o que sempre me custou foi o de saír de puños", indica. "É o que lle soe gustar a tódolos porteiros, pero a min non sei por que nunca me saíu saír forte coma un loco cos puños, aínda que quedan moitos anos para practicalo", matiza. Polas Pedreiras de Verdillo sacaba a súa última gran acción o pasado domingo Javi Souto, un ano menor que Diego e que paraba un penalti con virulencia e determinación. A súa traxectoria ten pasado só polo Bergantiños e desde o pasado curso o propio San Lorenzo. Menos poderoso no físico que seu paisano do Baio, o man a man e a forma atlética en ocasións poñen dos nervios aos que cantan gol á cepa do pau. E tampouco é que lle guste presumir moito de como lle están a saír as cousas. "Teño a mesma culpa que tódolos meus compañeiros, estamos a facer todos unha boa tempada", asevera con autocrítica. "Tódalas cualidades dun porteiro son mellorables", engade sobre o autoanálise. Digan o que digan os ocupantes da portería, o certo é que sobre todo o comezo de 2017 non se entendería igual para San Lorenzo e Baio sen dous a figura de dous gardamallas que, por exemplo, compiten nun campo de natural con peculiaridades e nun dos máis longos da competición. Sobre a figura e a estabilidade que debe aportar un porteiro teñen tamén sensacións comúns. "Sempre fun da idea de que o pilar dun equipo é o porteiro, o máis importante dos once xogadores que hai no campo; se tes un bo porteiro tes o cincuenta por cento do encontro vencido", lembra Diego. "Un gran equipo sempre ten un bo porteiro", apostilla Javi Souto, que esquece notables excepcións coma o Milan de Sacchi e Capello, o Dream Team de Cruyff ou o Brasil de Pelé. Ademais de compartir o guante de ouro, tamén poderían rivalizar ambos nun imaxinario premio á man ou parada do curso. E na cabeza dos protagonistas están moi claros os 'hightlights' que poñerían no seu YouTube particular. "A de Baíñas estuvo moi ben por como ía o partido, pero quédome coa do Monte Louro a man cambiada", propón o gardamallas do San Lorenzo. Pola súa banda, Diego tamén é directo nese sentido. "Aínda levo poucos encontros xogados, pero teño dúbidas sobre dúas: unha contra o San Lorenzo e outra a fin de semana pasada contra o Malpica, que pode ser coa que me quede definitivamente", expón en relación a unha man imposible que limpou as arañas da escuadra. Comparten traxectorias, cualidades, potencial futuro e tamén influencias. Se Fedeyo e Julián sempre se declararon incondicionais de Iker Casillas, exactamente o mesmo sucede coas súas versións 'millenials' (ou case). "O meu profesional favorito e exemplo a seguir é Iker Casillas, para min o mellor porteiro sen dúbida e cos seus 35 anos ao lombo segue a amosar o grande que é", di Diego sacando peito. "Eu son de Casillas de toda a vida", pecha sobre o debate Souto. E á hora de quedarse cun compañeiro costeiro mollánse moito menos. "Non podería dar un nome só, porque é incrible o nivel de porteiros que hai agora mesmo, grazas ao traballo dos grandes adestradores específicos", opta por respostar o arqueiro do Baio. Mirando hacia casa, o seu colega verdillés apunta a Julián e Diego. E botando a vista un pouco máis atrás, o único porteiro da provincia que militou en Primeira nos tres últimos anos chámase Rubén e é de Coristanco…

Comentarios