Martes. 15.10.2024
El tiempo

Deporte e saúde con DaFit: Comer, todo é bo, na medida xusta!

Deporte e saúde con DaFit: Comer, todo é bo, na medida xusta!

Na mellora da condición física o adestramento é fundamental pero para obter resultados non debemos descoidar outros aspectos como a constancia, o descanso e a alimentación, levando unhas pautas alimenticias acordes as necesidades enerxéticas e ó gasto calórico de cada persoa. Unha dieta equilibrada que proporcione todos os nutrintes esenciais (hidratos de carbono, proteínas, graxas, auga, vitaminas e minerais) non sendo convinte eliminar ningún. As vitaminas e os minerais a pesar de que non constitúen unha fonte enerxética son fundamentais, pola súa participación nos procesos de adaptación do corpo durante os adestramentos e na fase de recuperación.

Non estamos a falar de facer unha dieta estrita, se non de cambio de hábitos, pois será mais eficaz que seguir unha dieta cun principio e un fin. Isto conleva á aprender cales son os alimentos máis aptos para consumir segundo que horas e que tipo de combinacións de alimentos nos farán inxerir menos calorías. Significa saber que picoteo elixir, cantas pezas de froita e verdura debemos consumir á semana, saber identificar alimentos graxos e restrinxir o seu consumo,e tamén coñecer as diferentes técnicas de cociñado (á prancha, cocido, ó vapor, etcétera. )

A clave está en satisfacer as necesidades de nutrintes e enerxía evitando excesos e deficiencias nos nosos menús. Debendo incluír variedade de alimentos, en cantidades axeitadas e adecuándonos ás nosas características en función da idade, da complexidade física ou do estilo de vida que levemos (máis ou menos sendentarios).


Debemos:

  • Elixir alimentos naturais antes que os procesados ou refinados.
  • Comer alimentos de todos os grupos básicos, que che aseguren unha dieta variada (consumo de todos os nutrintes).
  • Reducir graxas, azucres e sal. Moderar o consumo de comidas rápidas (alimentos preparados, precociñados ou semi- elaborados), xa que aportan azucre, sal e graxas saturadas.
  • Mastigar lentamente.
  • Non picotear entre comidas.
  • Realizar cinco comidas diarias: almorzo, comida, cena e dúas ou tres merendas ou tentempé.
  • Tomar suficiente auga o longo do día. Moi importante a hidratación.
  • Evitar bebidas con alto contido calórico (café, refrescos, zumes envasados, etcétera).
  • Disfrutar da comida, comparte tempo coa familia e amigas/os!!

Comecondafit

É clave na reeducación alimenticia, para que sexa efectiva, poñerse en mans dun profesional (nutricionista) que controle e saiba guiarnos coas directrices correctas, pois trátase de conseguir obxectivos a longo prazo e producir cambios cualitativos na nosa dieta. Non é unha tarefa fácil xa que son hábitos que adquirimos dende pequenos e costa mudalos. De nada serve facer caso de mitos e estereotipos alimenticios.

Dende DaFit a través do Instragram #comecondafit, queremos transmitir que isto é posible, aquí atoparás exemplos de doadas e exquisitas receitas.

Séguenos no Instagram comecondafit Séguenos no Instagram comecondafit

Un dos puntos fortes vai a ser coñecer as propiedades dos alimentos para saber que comprar e evitar tentacións, que na maioría dos casos serán alimentos cargados de calorías valeiras. Polo que, ler e saber interpretar correctamente as etiquetas do alimento é un hábito que non se debe pasar por alto. Débese facer especial fincapé nas graxas que contén o alimento, así como, o aporte proteico e vitamínico. E non nos debemos enganar por alimentos que se camuflan como saudables, con grandes titulares de supostas virtudes (baixan a tensión, reducen o colesterol, melloran o rendemento deportivo, ideal para coidar a liña, melloran o tránsito intestinal, etc.) e que ocultan teimadas intencións, agazapadas nas súas etiquetas.

A continuación, catro exemplos:

  • Galletas integrais: (altamente calóricas, azucres simple e graxas e a maioría elaboradas con aceite de palma). Si te das o capricho comproba que sexan de fariña integral e con aceite de oliva ou xirasol, evita as que inclúen froitas porque aportan azucre.
  • Tortiñas de arroz: que no sexa utilizado como tentempé habitual xa que só aportan carbohidratos (maioritariamente refinados) e sodio, o mellor para picar entre horas é a froita ou froitos secos.
  • Produtos light e 0% : que un alimento non teña graxa nin azucre non significa que sexa máis saudable, en moitas ocasións para darlles sabor engaden máis azucre no caso dos 0% graxas, ou máis graxas nos 0% azucres. Un exemplo son os iogures 0% graxas con sabor chocolate, se apenas graxas na súa composición, pero con azucres engadidos.
  • Viño tinto: si queres tomalo por gusto, ¡a diante! Pero para aportar os beneficios do viño (resveratrol) mellor come uva, unha copa de viño á comida non protexe o corazón nin reduce o risco cardiovascular!

Como estes, hai máis exemplos, son na maioría dos casos alimentos “funcionais” fabricados por grandes empresas como produtos milagrosos. Igual deberíamos ser un pouco máis escépticos con este tipo de produtos/alimentos, que si os tomas regularmente os teus problemas de saúde remitirán ou desaparecerán, soen ser mensaxes incompletos e con fisuras na información, non deixan de ser publicidade. Recorda que os alimentos naturais sempre van a ser a mellor opción.

Para rematar mencionaremos a Organización Mundial da Saúde (OMS): “las dietas malsanas y la inactividad física son dos de los principales factores de riesgo de hipertensión,(...) obesidad y las principales enfermedades crónicas como las cardiovasculares, el cáncer o la diabetis”…

Así que, tomade nota!! Trátase da importancia de modificar hábitos, ir introducindo exercicio físico e unha dieta que inclúa os distintos grupos alimenticios, non de facer bruscos e radicais cambios.

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios