Deporte e Saúde con DáFIT: Electrofitness con Dani Trillo
Supoñemos que este domingo pasado estivechedes pegados ó televisor para ver na TVG a estrea da serie estrela da tempada. Nela aparecían dous actores da Costa da Morte, Dani Trillo e Artur Trillo. Dous profesionais da compañía de teatro afincada en Cee, Talía Teatro. Forman parte dun elenco de intérpretes de primeira liña, protagonistas da serie <
Dani, é un #DaFitero de pro, que recentemente incorporou ó seu plan de adestramento unha ferramenta tecnolóxica: o mal chamado chaleco de electro estimulación. Un equipo de alta tecnoloxía, que provoca a contracción muscular, aumentando forza, a resistencia, ou a potencia muscular estabilizadora e abdominal. Dani Trillo emprégao como complemento ós seus adestramentos persoais, e sobre todo naquelas semanas que dispón de pouco tempo, permitíndolle optimizar así o seu tempo libre, con sesións de 20 minutos unha ou dúas veces á semana. “Multiplícase o esforzo e afórrase tempo”, comenta Dani, pero o resto dos días é necesario manterse activo e coidar a alimentación si se queren ver resultados.
Algo que intentamos transmitir dun xeito ou outro é que, manterse en forma e con bo estado de saúde require, gústenos ou non, un esforzo, que será maior ou menor segundo os obxectivos e a condición física previa que teñades.
Dani Trillo adestrando en DaFit StoreElectrofitness
Hoxe toca falar de electroestimulación muscular integral, tamén coñecido como: electroestimulación, biotraxe ou electrofitness; ou na literatura científica: WB-EMS (whole body electromyostimulation). Comunmente, imponse o nome de “chaleco” para referirse a estes equipos de electroestimulación.
Non se trata dunha revolución ou dun sistema máxico de adestramento como os que soen anunciarse na tele. É, máis ben, a evolución dun complexo modelo de adestramento que ate fai non moito, estaba reservado para a elite deportiva.
En que consiste?
Na práctica consiste nun traxe con eléctrodos, colocados estratexicamente, conectado a unha máquina con diferentes programas e intensidades para axustarse á condición física de cada participante. Empregando impulsos eléctricos que provocan o traballo muscular, con frecuencias determinadas e establecidas previamente que potencian a intensidade de cada exercicio realizado, como si se realizase un esforzo extra, recibindo así o músculo maior estímulo do que recibe nun adestramento convencional. Tonifícanse á vez varios grupos musculares, podendo estar traballando á vez tren superior e inferior ó mesmo tempo e cunha intensidade similar.
Combínase a emisión de ondas eléctricas específicas e exercicios físicos controlados e dirixidos por un adestrador. A corrente eléctrica emprégase para causar unha contracción muscular, similar ós impulsos que envía o sistema nervioso central para controlar as accións dos músculos.
Metodoloxía
Existe moita información negativa respecto á electroestimulación e campañas de márketing moi agresivas que poden xerar falsas expectativas, que dan lugar a opinións escépticas ó respecto, que non creen que unha “máquina con eléctrodos” poida ofrecer efectos rápidos, cunha carga de traballo tan baixa, cuantitativamente falando, pois a duración das sesións ronda tan só entre 20 e 25 minutos. O importante, creemos, é unha boa metodoloxía de traballo para obter os resultados buscados. En palabras do fisioterapeuta R. Estévez, “la metodología intrínseca de la electroestimulación nos permite trabajar de forma global, reduciendo tanto el tiempo de trabajo como la exposición a la lesión y la carga articular durante las sesiones de tratamiento o entrenamiento”. Estimúlanse un gran número de músculos de xeito simultáneo logrando, en función do programa e do tipo de adestramento, entre outros beneficios:
- Tonificación e rectificación postural.
- Relaxación e rexeneración.
- Maior rendemento deportivo.
Permite traballar multitude exercicios dende a propia autocarga o uso de barras, superficies inestables (bosu), TRX, gomas ou incluso combinalo con máquinas de traballo cardiovascular.
Existen diferentes metodoloxías, cada unha delas cunha aplicación específica, os métodos de utilización aplicados ó adestramento pódense agrupar en:
- Método illado: a EMS en repouso, sen realizar exercicio. Normalmente, como última fase, de descanso e relaxación despois do traballo activo.
- Método combinado: utilízanse os dous métodos pero en diferentes momentos, EMS aplicada mentres non se realiza exercicio e combinado con exercicio convencional.
- Método superposto (o máis habitual): exercicio voluntario e EMS aplicada.
Os adestramentos van enfocados á medida de cada persoa e con continua supervisión, non sendo recomendado para persoas con patoloxías cardíacas, epilépticas ou con enfermidades que afecten a circulación, enfermidades que afecten ó metabolismo muscular como a obesidade, así como mulleres embarazadas. Sendo un perfecto co- axudante e un complemento ás rutinas de adestramento habituais.
En resumidas contas, estamos a falar dun adestramento activo, e para o que se precisa unha condición física mínima, para evitar riscos de lesións ou problemas de saúde. Débese ter moi claro, que si o obxectivo que se busca é perder peso, por exemplo, un adestramento con EMS por si só non te fará perder, de forma efectiva, a graxa que o corpo acumula, se non se acompaña dunha alimentación equilibrada.
Empregándose como un adestramento de alta intensidade, recomendamos unha ou dúas sesións a semana, cunha duración de 20 minutos de exercicio activo e 5 de repouso máis 5 de estiramentos. Tendo claro que este adestramento é máis efectivo cando se combina con outra actividade física ou deportiva.
Se vos animades non o dubidedes!! ;)
Sesións con Dafit
- Deporte e Saúde con DaFIT: #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.