Venres. 26.04.2024
El tiempo

Derbis comarea muchacho

Derbis comarea muchacho
O Conco e O Pinguel dirimen boa parte da sorte e do destino da Liga da Costa e a Primeira, e o farán en forma de derbi contra veciños e eternos rivais que pouco ou nada están a xogarse Corme Ponteceso na ida-Foto-Fin lema Imaxe do derbi Corme-Ponteceso na ida no Cairo-Foto-Fin Lema Se de algo vive o fútbol da Costa, se algo o fai distinto, iso é a paixón. Así que se alguén ten un amigo de alén das fronteiras da bisbarra ao que desexa iniciar o instruir nesa sorte de relixión pagana e modesta, non hai mellor fin de semana que esta para o debut. A Primeira e a Liga da Costa xogan boa parte das súas cartas en dúas citas de rivalidade máxima, na que un dos equipos xoga a vida, e o eterno rival a diversión de tocarlle as pelotas… de fútbol. O líder e máximo candidato ao ascenso a Preferente, o Dumbría, recibe no Conco a unha SD Fisterra coa que protagonizará, pese a todo, o segundo enfrontamento oficial na súa historia. Foi precisamente un fisterrán, Aarón, o que decidira en Ara Solis na primeira volta. Os brancos veñen de salvar os mobles no feudo do Agolada, mentres que os de Nacho, tranquilos clasificatoriamente, saben que sen presión poden gañarlle a calquera. Na Liga da Costa, un Ponteceso que precisamente ven de dicir adeus ás súas opcións de título recibe no Pinguel ao Corme, que a pasada semana coñeceu a derrota por primeira vez e cedeulle o liderato ao Baio. Vestirase de gala o feudo da Vila de Pondal, e ben seguro que haberá chascarillos e retranca nunha grada que nestes casos sempre pode presumir de deportividade. Pero non só de clásicos vive a fin de semana. A primeira das categorias con representación costeira, a Preferente, deixalle unha viaxe tediosa e un partido de novo ineludible ao Soneira, que terá no Ribadeo a un rival prácticamente salvado. Cousa das xeiras e dos momentos, insospeitadamente o Xallas acude como favorito a Ponte dos Brozos, para medir a un Atlético Arteixo camino a ningures e en plena reconversión. O Sofán recibe no Carral ao Arzúa, un dos candidatos ao ascenso a Terceira. Amén do partidazo do Conco, na Primeira tamén xoga a vida o Sporting Zas, famélico de triunfos e que coa visita do Riveira ten unha boa oportunidade para atoparse a si mesmo. Algo máis de moral ten un Outes que pese á última derrota chega nun contexto positivo, e que terá no Tordoia a un visitante duro e veterano. Cun ollo posto no Pinguel saldrá o Baio a estrear liderato no Platas Reinoso, onde recibe a un bipolar Coristanco, capaz de golear precisamente no feudo do Ponteceso, e tamén de caer con estrépito na casa ante o Malpica. Os outros dous en discordia, San Lorenzo e Mazaricos, non terán sinxelo ante o Corcubión e en Buño respectivamente, dous conxuntos que xogan a vida na outra liga. Directísimo é tamén o cruce Baíñas-Porteño, con ambos conxuntos en progresión. Será Vimianzo onde recibirá o pasillo o novo campión de Terceira, o Muxía, que visita ao Castrelo. A loita polo Play Off terá no Ameixenda-Volantes un punto chave.  

PreferenteNorte, xornada 30

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 28

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 29

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 26

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 27

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 7

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 7

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 7

LigaGalegaCadete, xornada 27

 

1ªCadete, xornada 25

LigaGalega Infantil, xornada 26

1ªInfantil, xornada 27

LigaAlevínNorte, xornada 5

LigaAlevínSur, xornada 21

LigaBenxamínNorte, xornada 5

LigaBenxamínSur, xornada 21

LigaPrebenxamín, xornada 4

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios