Diego Lobelos, saíndo da crise en Lira
10:27 21/11/18
Despois dun inicio de tempada que sembrou moitas dúbidas, a familia liracha esta semana está de noraboa, pois o seu equipo venceu o domingo a todo un Corme, nun encontro que pode servir como punto de arranque para que o equipo tire hacia arriba. As incorporacións de novos xogadores, as baixas de outros e varios lesionados cos que non se pode contar de momento pintan un panorama de inestabilidade que intenta reconducir un adestrador de alto nivel, Diego Lobelos. El e o seu axudante Marcos, sempre ó pe do cañón e facendo un traballo encomiable no campo e no vestiario, teñen mando en plaza para levar ó Lira ó lugar que lle corresponde. Co de Fisterra estivemos falando:
QPC - Vaia vitoria a do domingo...
O partido que fixemos foi moi bo, o equipo rendiu a un gran nivel. Dende o primero momento os rapaces mostráronse moi implicados e concentrados no traballo que tiñamos que facer. Dende o primeiro ó último, todos deron o mellor deles mesmos para axudar ós compañeiros. Creamos moitas ocasións claras e freamos o principal perigo do Corme, que son Lucas e Alejo, aínda así, sempre van ter algunha clara, pois teñen un nivel moi por enriba da categoría. Os reforzos van chegando e ademáis do rendimiento que nos aportan, están conseguindo que o resto do plantel rinda a maior nivel. Recibimos recompensa a todo o traballo feito, fomos xustos vencedores, e a victoria tan ansiada chegou o día que menos se esperaba.
QPC - O movemento nos despachos do Lira está a ser moi intenso estos últimos días, non?
No tema incorporacións, imos sumando máis efectivos, pero tamén recuperando xente que viña con lesións. Raúl está aportando moita enerxía e traballo ó equipo, Babacar danos seguridade na portería, pero tanto Peipo como Raúl tamén o facían, Óscar Rey é un rapaz de moi bo nivel e no primer partido conseguiu un gol e tivo unha gran actuación freando o ataque do Corme. Borja Bouzón estase ganando o respeto de todo o equipo a base de boas actuacións e demostrando a gran calidade que posúe. Esperamos poder contar pronto con Cristian Danis, lateral procedente do Mazaricos, e con Mamadou, pendiente do transfer internacional, que seguro que van subir o nivel do equipo.
QPC - A situación de momento non é boa, pero esta vitoria pode servir como punto de inflexión.
A victoria danos un respiro, serve para traballar con máis confianza, pero somos realistas ca nosa situación actual, debemos ir para arriba na clasificación, pero por gañar ó Corme non imos pensar que debemos estar nun lugar que non nos corresponde.
QPC - O domingo outro rival de cuidado, o Ponteceso de Mato.
O partido ante o Ponteceso preséntase complicado, perdemos un par de efectivos por lesión, pero a idea é a mesma que a do domingo pasado, saír a competir o mellor posible para sacar algo positivo. A verdade é que os equipos de arriba e dominadores son contra os que mellor rendimos.
QPC - Onde ves ó teu Lira a final de tempada?
Penso que por potencial, deberíamos estar na metade da taboa, sabíamos que o inicio iba a ser moi duro, polo tema de lesións, sancións, fichaxes que se alargaron moito... quizais foi máis largo do que pensábamos, pero agora debemos dar máis para colocarnos no lugar que nos propuxemos.
QPC - Tedes o plantel cerrado? A marcha de Jano a última hora foi sorprendente.
O plantel vai collendo a forma que queremos, con Cristian e Mamadou, e as recuperacións de Cartamil, Josiño e Cristian da Portuguesa, pasamos a ter unha plantilla amplia e con bo nivel. Non cerramos as portas a que poda vir alguén máis sempre que cumpla os requisitos que buscamos, que van máis alá do rendemento no campo. Jano quixo saír, o momento e a forma deberá valorar él si foi a correcta, pero cando me trasmite que non quere seguir no clube, nos miramos cara adiante e buscamos xente que supla a súa baixa, como así fixemos.