Dous deportistas do Club Cee Deportes de Contacto conseguen a clasificación para os Campionatos de Europa
20:08 30/10/17
Os 3 deportistas do Club Cee Deportes de Contacto (vestidos de traxe na zona de arriba á dereita) viaxaron á Zaragoza coa expedición do ITF Noia
Fin de semana intenso para a familia do Club Cee Deportes de Contacto. Ata Zaragoza viaxaban 3 membros do club para participar nada menos que no Torneo Nacional da FITE de Taekon-Do 2017, como parte integrante do clube amigo ITF Noia.
E menudos resultados que trouxeron os Antía Río (Corcubión), Ismael Gándara (Cee), e Eloy Cambeiro (Brens). Varias medallas que permiten ter dous competidores “junior” clasificados para a preselección que representará a España nos Campionatos Europeos do 2018. Sen dúbida un logro sen precedentes tanto no noso Club, como no Taekwon-do ITF da Costa da Morte.
Así foi o espectacular palmarés que traen de volta os costeiros:
- Ismael Gándara: - Tul (non clasificatorio): medalla de bronce; - Tul (clasificatorio): medalla de ouro; - Combate (non clasificatorio): medalla de ouro; - Combate (clasificatorio): medalla de prata.
- Antía Río: - Tul (non clasificatorio): medalla de bronce; - Combate (non clasificatorio): medalla de prata; - Combate (non clasificatorio): medalla de ouro;
- Eloy Cambeiro: - Tul: medalla de prata; - Combate: medalla de bronce.
O adestramento, a chave
Estos resultados “son o froito de moito esforzo, moita ilusión, e o traballo conxunto de un gran equipo, pois só co traballo de moitos é posible medrar persoalmente e como Club”, recoñece o propio Eloy Cambeiro, un dos veteranos da entidade, a pesar da súa xuventude. Toca seguir loitando día a día e continuando a adestrar no Pavillón Municipal de Brens (Cee) onde comparten experiencias, deporte e amizade cun gran equipo que mantén a ilusión e as ganas do primeiro día dende os máis pequenos da familia, ata os máis veteranos.Agradecementos
Dende o Club Cee Deportes de Contacto queren expresar o seu agradecemento ós amigos do ITF Noia, compañeiros de viaxe e de batallas, e en especial ó seu mestre Antonio Blanco “Dache”, así como ós axudantes de instrutor: Lorena e Adolfo, polo seu traballo nos adestramentos diarios do Club Cee Deportes de Contacto. Así mesmo teñen que facer extensible este agradecemento a Automóviles Álvarez (Cee) polo seu apoio e patrocinio.Novas relacionadas
- Outubro 17: 3 cintos negros do Cee Deportes de Contacto viaxan ao Campionato Nacional de Taekwon-do ITF de Zaragoza.
- Setembro 17: O Club Cee Deportes de Contacto abre o prazo de matrícula para os cursos de Taekwon-Do ITF e Kick Boxing.
- Febreiro 17: Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).