Dous deportistas e dous bronces para o taekwondo costeiro nos Campionatos galegos junior


O pasado 10 de novembro, o club Taekwondo Arte e Movemento acudiu con dous deportistas a As Pontes, a disputar o Campionato Galego Junior 2012. Participaban Juan Alvarellos (Cee) e Cristian Dominguez (Cee), os dous de 16 anos de idade, e ambos voltaban cun máis que meritorio bronce cada un.
A próxima cita co taekwondo será este próximo sábado, no que os clasificados do provincial da Copa Deputación, se desprazaran a Moaña, para A Copa Xunta de Galicia, onde se enfrontan os clasificados de cada provincia. Arte e Movemento clasificou a 24 deportistas.
Outra de baile
Ademais, na modalidade de baile deportivo, o pasado domingo, o club Baile deportivo Arte e Movemento participou no Trofeo Cidade de Tui, onde presentaban 3 parellas, acadando dúas pratas e un quinto posto.
A próxima cita co baile deportivo sera o vindeiro domingo 2 de decembro en Pontevedra, onde Arte e Movemento acudirá con 11 parellas, e para 6 de elas sera a súa estrea.
Novas relacionadas
- O carnotán Anxo Fernández, medalla de bronce no Campionato de España.
- O Clube Arte e Movemento mete 23 taekwondistas no Campionato Galego.
- 3 metais costeiros no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira.
- Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- O Taekwondo da Costa vive un Soño Olímpico.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- Unha Prata e un Bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- Xornada da Costa 2011: Camariñas puxo o quimono.
- Arte e Movemento.