Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Dous soneiráns no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos

Dous soneiráns no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos
Paula Esteiro e Damian Espasandin co Team Espana no Mundial de Gladiator Paula Esteiro e Damian Espasandin co Team Espana no Mundial de Carreiras de Obstáculos En verán xa dabamos conta da que a Costa da Morte estábase a convertir en auténtica potencia continental en Carreiras de Obstáculos. E non paran de darnos a razón os nosos bravos deportistas soneiráns. A camariñá Paula Esteiro e o vimiancés Damián Espasandín van de camiño a Ontario, Canadá, onde esta fin de semana de 13, 14 e 15 de outubro se celebra o OCR World championship, si, o Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos. Este ano xa teñen competido no Europeo celebrado en Holanda, onde Paula consegiu o 2º posto na súa categoría e 1º por equipos, e Damián foi 7º. Agora, tocaralles competir con máis de 3.000 atletas de 65 nacións, os mellores de cada país, pois só se pode acceder conseguindo a clasificación facendo podium en algunha das carreiras homologadas. No caso dos soneiráns, conseguiron a súa praza no Mundial Farinato Race que se celebrou en Ciudad Rodrigo, acadando sendos 2º postos na categoría Elite. Ademais, en Ontario, formarán parte da Selección Española. Unha Selección baseada na clasificación da Liga Nacional na que Paula está 1ª e Damián 2º a falta de 5 carreiras para rematala. Unha Liga que xa teñen sentenciada na categoría de equipos, cos seus compañeiros do Vengadores Beone. Estaremos atentos pois xa o venres abren a competición en distancia curta (3k e sobre 30 obstáculos) e o sábado en distancia longa (15km e sobre 50 obstáculos). Damian Espasandin e Paula Esteiro no campionato do Mundo de Carreira de Obstaculos Damian Espasandín e Paula Esteiro en plena competición

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios