Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo

Resultados dispares para os equipos de tenis de mesa do clube Anorthosis Vimianzo que disputaron os seus encontros a pasada fin de semana.

Importantísimas as vitorias do Anorthosis Vimianzo ante uns rivais que van a estar ao final nesa loita por eludir o descenso. Con estas dúas vitorias de momento o Anorthosis alónxase delas e colle ánimo para vindeiros enfrentamentos, estes serán contra rivais da parte superior da clasificación.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "D" 5-2 (17-12)
  • Anorthosis Vimianzo - Naronense 6-1 (18-11).

Non foron fáciles as vitorias parciais con resultados moi axustados nos sets, os contendientes son dun nivel similar, quizais o que decantou a balanza foi o ánimo e entusiasmo que deron os reforzos de Miguel Rey e Chris Roy (do equipo Aquacenit, que descansaba nesta xornada) que supliron a Marce, ausente por motivos laborais.
Suplíronno e moi ben pois xa Miguel Rey conseguía a primeira vitoria ante o número 1 de Oleiros e logo o punto que daba a vitoria no encontro. Con esto o ego dos de Vimianzo aumentou e logo xa todo pareceu máis doado, e digo pareceu pois non foi así xa que os últimos partidos resolveronse por un apretado 3-2 e fixo que todos deren o seu mellor nivel.

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Cambre Promesas - Concello de Zas O Gaiteiro 6-1 (18-4).

Clara derrota do Concello de Zas O Gaiteiro en Cambre, que o mantén pechacancelas aínda sen puntuar. Tocaba descansar ao Aquacenit, que se mantén 2º, só por detrás do Breogán Oleiros C.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Arteal TM - Concello de Zas O Pinar 1-6 (5-18)
  • Oroso TM Hotel Sta Cruz- Construcciones Cernadas 7-0 (21-2)
  • Oroso TM Talleres MR - Construcciones Cernadas 5-2 (16-9)

Cómpre resaltar a vitoria do Concello de Zas O Pinar en Santiago ante as promesas do Arteal. Por fin os rapaces de Zas lograron unha vitoria clara ben comandados por Chiqui.
O Construcciones Cernadas tiña o seu duelo particular en Oroso e os nervios non lles deixaron solventar o encontro, será no de volta.

Vindeira xornada

Todos os encontros serán o sábado 30 de novembro:

  • Na casa do Deporte de Ferrol. 3ª división nacional grupo norte:
    - Ferrol TM - Anorthosis Vimianzo.
  • No ximnasio do CPI de Zas: 1ª división galega grupo centro:
    - 16:00 h. Concello de Zas Aquacenit - Hípica Coruña
    - 18:00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - Hípica Coruña.
  • No ximnasio do CPI de Zas: 2ª división galega grupo centro:
    - 16:00 h. Construcciones Cernadas - Liceo Noia "E".
    - 18:00 h. Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia "E".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.