Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega

O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega
Familia do Concello de Zas Aquacenit e do Concello de Zas O Gaiteiro

Non foron malos os resultados dos encontros de tenis de mesa celebrados o sábado 9 de novembro en Zas e en Bembibre polos equipos do clube Anorthosis Vimianzo.

3ª División Nacional grupo norte

  • Anorthosis Vimanzo-Breogán Oleiros “B” 5-2 (17-10).
Moi bo o resultado acadado polo Anorthosis ante un dos equipos da súa liga (a de evitar os postos de descenso) e que puido ser máis claro se Marce aproveitase unha das 6 bolas de xogo que dispuxo no 3º xogo do primeiro set (18-20) pero eso non impediu que logo se encadeasen 3 vitorias seguidas. Moi ben Gonzalo Martínez demostrando que vai a máis en cada partido. Queda así o Anorthosis na 9ª praza, ao fío da zona de descenso con 2 puntos de vantaxe, e empatado co 6º clasificado.

1ª División Galega grupo centro

  • Concello de Zas Aquacenit-Liceo de Noia “C” 5-2 (15-9).

Superioridade dos de Zas ante uns xogadores moi xovenes e con moi boa clase ante os que non valen as relaxacións como ocurriu nos dobres e no seguinte partido. Logo volviuse a concentración e xa se deron os resultados normais. Segue así o Aquacenit na súa senda de vitorias e liderando o grupo centro desta 1ª División Galega. Nótase no equipo a veteranía de Andrés Fagín así como os consellos durante os partidos.

  • Concello de Zas O Gaiteiro - Liceo de Noia "C" 1-6 (4-18).

Aínda lles falta aos de O Gaiteiro moitos partidos para collerlle o ritmo a esta 1ª División Galega. Para empezar esta ben gañar un partido e algún set, así como apretar en casi todos os sets. Paciencia e moito entreno farán mellorar, como a todos.

2ª División Galega grupo centro

  • AD Dubratambre - Concello de Zas O Pinar 6-1 (19-11).

De sorpresa se pode considerar esta derrota dos de O Pinar ante uns xogadores con anos pero novos na competición que os sorprenderon cun xogo clásico do ping pong, devolver as bolas lentas e sen efecto. Esto tamén serve para aprender a xogar en todas as circunstancias.

Queda O Pinar na 7ª praza con 2 puntos, por diante din Construcciones Cernadas que aínda non sabe o que é sumar.

Vindeira xornada

Sábado 16 de novembro no ximnasio do CPI de Zas.

  • 1ª división galega grupo centro:
    - 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - Breogan Oleiros "C".
    - 18'00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - Breogán Oleiros "C".
  • 2ª división galega grupo centro:
    - 16'00 h. Concello de Zas O Pinar - Liceo Casino Infantil (Vilagarcía).
    - 18'00 h. Construcciones Cernadas - Liceo Casino Infantil.

Nas instalacións da S. D. Hípica (A Coruña):
- 3ª DIVISIÓN NACIONAL: S.D. Hípica - ANORTHOSIS VIMIANZO.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios