Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto

O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto

Mágoa que a axustada derrota do Anorthosis na Coruña ante o Hípica cortou a boa racha que estaban tendo os soneiráns e que esperemos volva no vindeiro sábado onde teñen dous importantísimos encontros contra Breogán Oleiros “D” e o Naronense.
O equipo mantense na 8ª praza pero non se pode despistar, que o propio Hípica chega con forza dende abaixo.

Ademais, o Concello de Zas Aquacenit obtivo un resultado que deixa claro as súas opcións para os primeiros postos na 1ª Galega.

E para rematar unha vitoria e unha derrota no dobre enfrentamento entre as escolas de tenis de mesa de Zas e Vilagarcía na 2ª Galega.

3ª División Nacional

  • SD Hípica - Anorthosis Vimianzo (4-3) (14-10).
Unha mágoa que se escapase este encontro aos do Anorthosis nun recinto que historicamente se lle da mal (teito baixo) e no que case sempre se perde por un apretado 4-3 e con sets moi axustados como foi o caso do sábado. Pero o que importa é o resultado xeral e este foi favorable aos coruñeses.

Clasificación da 3ª División Nacional Masculina Norte 2013-2014

1ª División Galega Grupo Centro

  • Concello de Zas Aquacenit – Breogán Oleiros “C” (6-1) (18-6).
  • Concello de Zas O Gaiteiro – Breogán Oleiros “C” (0-7) (1–21).

Visitaba o Aquacenit un Oleiros “C” invito e iso fixo que os zasenses se concentrasen ao máximo (bo quecemento, pouca parafernalia e boa preparación dos partidos) e dou lugar ao resultado que deixa claro as opcións do Concello de Zas Aquacenit para os primeiros postos. Moi bos partidos de todos os compoñentes (Andrés Fagín, Miguel Rey e Chris Roy), e fixo falla todo pois os de Oleiros non estaban invitos de casualidade senon pola súa categoría o que realza máis a victoria conquerida. A destacar o bonito partido entre dous amigos como son Miguel Rey e Oscar Doval, esperemos que sigan sendo amigos e co resultado favorable para o de Zas.

No outro encontro pouca historia e pouca resistencia dos de Concello de Zas O Gaiteiro, nótase o pouco entrenamento que poden realizar polos estudios e traballo. So Fran Otero foi quen de gañar un set.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Concello de Zas O Pinar – Liceo Casino Infantil (5-2) (16-11)
  • Construcciones Cernadas – Liceo Casino Infantil (1-6) (4-18)
Por Zas destacou a veterania (en anos) de Jesús Ferreiro e o maior entrenamento (máis tempo) dos de Concello de Zas O Pinar. No partido de dobres as xa veteranas en partidos Lorena e laura complicaronse moito a pesares de que ao final solventaronno ao seu favor. Notouse que hai moito que mellorar.
Para os compoñentes de Construcciones Cernadas quedoulle claro o camiño, que non é outro que moito entreno e despois veremos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios