Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas

Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas
Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillon de Zas Nun ximnasio cheo de mesas e de xogadores non foron moitos os resultados favorables aos intereses dos equipos do club Anorthosis pero pouco a pouco van a máis. Estes foron os resultados de tenis de mesa do fin de semana do 19 e 20 de outubro de 2013:

3ª división nacional grupo norte

  • Anorthosis Vimianzo -San Xoan Xuvenil 0-7 (8-21)
  • Anorthosis Vimianzo - EFEGA Formación SD Ribadeo 4-3 (15-17)
En 3ª nacional o sábado o Anorthosis Vimianzo sufriu unha derrota demasiado abultada en contraste co bo xogo dos da casa ante un equipo moi bo e claro favorito para os primeiros postos da categoría. O domingo conseguía o Anorthosis Vimianzo a súa primeira vitoria nesta nova categoría que se lle vai facer complicada para manter. De ahí a gran importancia desta vitoria ante un dos rivais para ocupar os postos de descenso. Gañouse máis coa cabeza e co corazón que co xogo. A destacar que todos fixeron puntos nun encontro de nervios e deslucido polo trascendental da vitoria, que nada tiñan que ver cos puntos bonitos do día anterior. Todos os puntos do Anorthosis foron por un apretado 3-2.

1ª división galega grupo centro

  • Concello de Zas Aquacenit - Oroso TM Peluquería Tije 5-2 (16-11)
  • Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso TM Peluquería Tije 0-7 (1-21)
Máis apretado do previsto a vitoria do Aquacenit conta un equipo xoven pero con moi bos xogadores. Os puntos foron conseguidos por Miguel Rey e Andrés Fagín en individuais e dobres. Chris Roy gañará nos próximos partidos. No outro encontro os de Oroso non encontraron resistencia por parte dos locais nos que solo Martín Pérez foi quen de gañar un set. a nova categoría faise moito de momento pero co paso dos encontros superaran os malos inicios.

2ª división galega grupo centro

  • Concello de Zas O Pinar - Liceo de Noia "D" 2-5 (8-18)
  • Construciones Cernadas - liceo de Noia "D" 0-7 (0-21)
Notouse a falla de entrenamento nos xovenes xogadores de Zas. Esperemos que nun futuro cercano se consigan gañar partidos e así a ilusión e divertimento do sábado aumentará.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios