Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo
Resultados dispares para os equipos de tenis de mesa do clube Anorthosis Vimianzo que disputaron os seus encontros a pasada fin de semana.
Importantísimas as vitorias do Anorthosis Vimianzo ante uns rivais que van a estar ao final nesa loita por eludir o descenso. Con estas dúas vitorias de momento o Anorthosis alónxase delas e colle ánimo para vindeiros enfrentamentos, estes serán contra rivais da parte superior da clasificación.
3ª División Nacional, Grupo Norte
- Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "D" 5-2 (17-12)
- Anorthosis Vimianzo - Naronense 6-1 (18-11).
Non foron fáciles as vitorias parciais con resultados moi axustados nos sets, os contendientes son dun nivel similar, quizais o que decantou a balanza foi o ánimo e entusiasmo que deron os reforzos de Miguel Rey e Chris Roy (do equipo Aquacenit, que descansaba nesta xornada) que supliron a Marce, ausente por motivos laborais.
Suplíronno e moi ben pois xa Miguel Rey conseguía a primeira vitoria ante o número 1 de Oleiros e logo o punto que daba a vitoria no encontro. Con esto o ego dos de Vimianzo aumentou e logo xa todo pareceu máis doado, e digo pareceu pois non foi así xa que os últimos partidos resolveronse por un apretado 3-2 e fixo que todos deren o seu mellor nivel.
1ª División Galega, Grupo Centro
- Cambre Promesas - Concello de Zas O Gaiteiro 6-1 (18-4).
Clara derrota do Concello de Zas O Gaiteiro en Cambre, que o mantén pechacancelas aínda sen puntuar. Tocaba descansar ao Aquacenit, que se mantén 2º, só por detrás do Breogán Oleiros C.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Arteal TM - Concello de Zas O Pinar 1-6 (5-18)
- Oroso TM Hotel Sta Cruz- Construcciones Cernadas 7-0 (21-2)
- Oroso TM Talleres MR - Construcciones Cernadas 5-2 (16-9)
Cómpre resaltar a vitoria do Concello de Zas O Pinar en Santiago ante as promesas do Arteal. Por fin os rapaces de Zas lograron unha vitoria clara ben comandados por Chiqui.
O Construcciones Cernadas tiña o seu duelo particular en Oroso e os nervios non lles deixaron solventar o encontro, será no de volta.
Vindeira xornada
Todos os encontros serán o sábado 30 de novembro:
- Na casa do Deporte de Ferrol. 3ª división nacional grupo norte:
- Ferrol TM - Anorthosis Vimianzo. - No ximnasio do CPI de Zas: 1ª división galega grupo centro:
- 16:00 h. Concello de Zas Aquacenit - Hípica Coruña
- 18:00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - Hípica Coruña. - No ximnasio do CPI de Zas: 2ª división galega grupo centro:
- 16:00 h. Construcciones Cernadas - Liceo Noia "E".
- 18:00 h. Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia "E".
Máis información
- Clasificación 3ª División Nacional Masculina Norte 2013-2014.
- Clasificación 1ª División Galega Centro 2013-2014.
- Clasificación 2ª División Galega Centro 2013-2014.
Novas relacionadas
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.