Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Dumbría acolle o circuito galego de Volei Praia das categorías inferiores

Dumbría acolle o circuito galego de Volei Praia das categorías inferiores
Na praia do Ezaro dispuranse as competicions das categorias inferiores Na praia do Ézaro dispuranse as competicións das categorías inferiores. Imaxe de arquivo: FGVb A praia do Ézaro acolle o vindeiros días 23 e 24 de xullo - sábado e domingo - o circuito galego de Volei Praia coas probas das bases Sub 21, Sub 19, cadete e infantil. A proba está organizada pola federación galega de Voleibol e conta coa colaboración do concello de Dumbría. As categorías infantís e Sub 19, tanto femininas como masculinas, xogarán o sábado. Mentras que o domingo será o turno dos cadetes e da Sub 21. Para inscribirse nas probas será necesario enviar - antes de hoxe as 20 horas -  unha mensaxe ao enderezo electrónico [email protected] dende a dirección oficial do clube de pertenza dos xogadores e/ou xogadoras anexando o boletín de iscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Dende a organización, indican que tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal,...) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo clube de pertenza dos participantes. Requisitos de participación Para participar nas probas,  é necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin. Ademáis para poder participar nesta competición cada club edeberá ingresar un aval de 100€ pola súa participación en calquera categoría do campionato falego que a organización lle devolverá ao remate do mesmo no caso de que as súas parellas non recibiran ningunha sanción disciplinaria. Os xogadores e xogadoras deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o regulamento técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios