Dumbría e Cabana loitarán por unha praza na Liga Galega Cadete

Os equipos cadetes do Dumbría e Cabana, 1º e 2º clasificados da Segunda Cadete, xa teñen rivais na Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete. Os dumbrieses enfrontarasen ao Peleteiro santiagués mentres que os cabaneses farano co Negreira. Os encontros comezarán o vindeiro sábado 28 de maio.

O caso é que de pasar a eliminatoria, os dous conxuntos loitarían pola praza de ascenso. Iso implicaría que de pasar os dous a primeira rolda, a Costa da Morte terá un novo equipo na Liga Cadete.

Ademais, o Camariñas continúa a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, coa parroquia carnotá moi pendente. O encontro do Camariñas en Carral será o domingo ás 17:00h. Os de Manolín terán que sacar un resultado positivo tralo 2-2 da ida no Hermanas Patiño.

E temos tamén os horarios da volta dos Oitavos da Copa da Costa.

Reunión da SD Fisterra

A nova directiva da S.D. Finisterre, encabezada polo seu presidente Laureano Canosa, convoca a tódolos seus socios á asamblea xeral que terá lugar no salon de actos do concello de Fisterra o vindeiro venres 20 de maio ás 20:00 horas.

Sancionados

Un detalle negativo para os intereses do Santa Comba da Liga Galega Cadete. A Federación dá o encontro vencido ante o Rayo Sadense por perdido por unha suposta aliñación indebida, polo que os xalleiros quedan ao borde do descenso.

Preferente

  • VITUCO M MUIÑOS HERNANDEZ (SONEIRA).
  • FRCO JAVIER SANCHEZ VIGO (SONEIRA).

Copa da Costa

  • LUIS M LADO INSUA (CAMARIÑAS - 4 partidos).
  • J. ALBERTO PENSADO EIROA (SOFAN).
  • ISMAEL PEDROSA MOURIS (OUTES).
  • JUAN POMBO BELLO (SAN LORENZO).

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

  • CARRAL - CAMARIÑAS: domingo 22/5 ás 17:00h en O CASTRO (2-2 na ida).

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

Copa da Costa

  • CORISTANCO - SONEIRA: venres 20/5 ás 20.30 A ROCHEIRA.
  • CASTRIZ - CORCUBION: sábado 21/5 ás 17:00h en SAN PEDRO.
  • DUMBRÍA - CABANA: sábado 25 ás 18:00h no Conco.
  • CAMARIÑAS - IND.CARBALLO: sábado 25 ás 18:00h HERMANAS PATIñO.
  • SOFÁN - XALLAS: domingo 22/5 ás 17:00h O CARRAL.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).