![O GM David Larino sera o mestre da Escola Municipal de Xadrez de Muxia]()
O GM esteirán David Lariño será o mestre da Escola Municipal de Xadrez de Muxía
Fantástica a aposta muxiá polo xadrez.
O traballo do Club Xadrez Cabo Touriñán está servindo para convertir a vila da Barca nun verdadeiro referente a nivel galego. De feito, seguro que xogadores de toda a provincia van querer achegarse ás clases da nova Escola Municipal de Xadrez de Muxía, que darán comezo no mes de marzo. I é que as sesións serán impartidas por todo un campión de España, Maestro fide (MF) en 2004, Maestro internacional en 2006 e Gran maestro (GM) en 2013,
o esteirán David Lariño.
As clases estarán separadas por niveis e desenvolveranse no edificio de usos múltiples do Concello de Muxía. Nelas poderá participar toda persoa interesada, desde os 5 anos en diante.
Para a programación da escola ábrese o prazo de preinscrición e para formalizala, ten que poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello (de 8:30 a 13:00 h. de luns a venres) antes do vindeiro venres, día 2 de marzo, no tlf. 981 742 001 ou no enderezo eléctrónico diego.castineira@muxia.es.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).