En Muros, o fútbol e as carreiras son solidarias
Dúas accións deportivas e solidarias por igual chegan a Muros estes días. Primeiro, unha Carreira Solidaria, e de seguido, un Torneo Benéfico.
Carreira Solidaria
Xa está en marcha para o vindeiro 16 de agosto a III Carreira Solidaria Piscina Municipal de Muros.
Esta terceira edición da carreira popular e solidaria da Piscina Municipal de Muros está integrada dentro das 18 carreiras que compoñen II Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2014 e para o cal será puntuable.
A proba absoluta realizarase sobre a distancia de 5500 metros aproximadamente (nas categorías xuvenil, sénior e veteranos) cun perfil semiondulado e con asfalto na súa totalidade con saída e chegada nas inmediacións da piscina municipal e cun percorrido polas principais rúas da vila de Muros.
A Carreira Popular e Solidaria da Piscina Municipal de Muros caracterízase pola numerosa participación e pola solidariedade do evento, xa que se doará parte da recadación acadada á entidade “Cáritas de Muros” e para a que se contará tamén cunha fila cero na piscina municipal. Todas estas actividades posúen un certo trasfondo temático e teñen como obxectivo común a procura dos enormes beneficios que a práctica regular da actividade física pode traer para a saúde da cidadanía.
Inscrición
Dende a pasada semana, a inscrición xa está aberta e pode facerse a través da plataforma que a Federación Galega de Atletismo ten na súa web, www.carreirasgalegas.com, agás na categoría andaina que se formalizará na piscina municipal. A carreira contará con diferentes categorías (chupete, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior, veteranos e andaina) e o custo da inscrición será de 5,00 € nas categorías sénior, veteranos e andaina e de 1,00 € nas categorías menores.
Torneo Benéfico
O vindeio sábado 23 de agosto, terá lugar o Eleuterio Balayo de Muros un Torneo Benéfico para os nenos saharauis. A cita será as 18:00h e se enfrontarán os equipos da Esteirana, Os Miúdos e un combinado da Selección do Sáhara.
Si queres colaborar podes facelo chamando ao número 626 33 17 92.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).