Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Este venres, Carreira solidaria en Valarés

Este venres, Carreira solidaria en Valarés
Correr e Solidario en Ponteceso

Educo organiza, co apoio do Concello de Ponteceso, este próximo venres, 12 de xuño a partir das 10.30 da mañá, unha carreira solidaria no entorno natural da Praia de Valarés en Ponteceso.

Baixo o lema “Corre polos seus dereitos”, preto de 350 alumnas e alumnos do Concello de Ponteceso correrán a favor do Programa Becas ELLA de Educo que ten como obxectivo facilitar o acceso á educación secundaria de nenas que ven vulnerado o seu dereito a unha educación gratuita e de calidade.

No Día Mundial contra á explotación laboral infantil o alumnado do CRA Nosa Señora do Faro e CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e CEIP As Forcadas de Corme correrán para dar a oportunidade a nenas de Bangladesh, Burkina Faso e o Salvador de acceder á educación secundaria.

A celebración desta carreira xorde como iniciativa das comunidades educativas destes centros cos que Educo traballo dentro do seu proxecto educativo e conta co soporte da empresa Vegalsa-Eroski.

Algúns datos

O dereito á educación é un dereito chave para o acceso ao resto de dereitos, permite romper o círculo vicioso da pobreza e loitar contra prácticas de explotación laboral infantil.

Dos 105 millóns de nenos que non van a escola en todo o mundo, o 70% son nenas. Por isto, é necesario dar especial visibilidade a súa situación, ao ser ainda máis vulnerables que os nenos, e ter máis posibilidades de ver truncada a súa vida educativa e, así, as súas posibilidades de mellorar o seu futuro.

Con 100€ ao ano cubrense os gastos básicos de educación para as nenas estudiantes: material escolar, libros, matrícula e gastos de desprazamento durante o curso escolar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios