Mércores. 18.05.2022
El tiempo

Ézaro abre o Circuito Galego de Volei Praia

Ézaro abre o Circuito Galego de Volei Praia

Esta fin de semana dará comezo o Circuíto Galego de Volei praia de categorías inferiores. E a primeira proba celébrase o 16 e 17 de xuño na praia de Ézaro. I é que o areal dumbriés xa é toda unha referencia no país como o corroboran as citas do 2011 e do 2010. Citas ás que o público non falla nin aínda que vaia un forte nordés.

E non será a última cita no Ézaro, xa que en agosto o volei praia galego volverá ter unha cita na Costa da Morte, coa terceira proba senior prevista para os días 4 e 5 dese mes en Dumbría.

Proba no Ézaro

O sábado iniciará a competición ás 10.00 horas nas categorías sub 17 e sub 21 e o domingo será a quenda dos participantes sub 15 e sub 19 á mesma hora.

No caso do torneo sub 21 e sub 19 os equipos estarán formados, como é costume, por dous xogadores. Na categorías sub 15, con todo, os equipos deben estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco inscritos (con tres participantes en pista), e na sub 17, por un mínimo de tres e un máximo de catro (dous xogadores no campo).

Inscrición

Para poder participar neste torneo os xogadores deberán ter debidamente tramitada a través do seu Club de volei Praia a correspondente inscrición na proba antes das 20.00 horas do día de hoxe, mércores 13 de xuño.

Estes documentos están dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Voleibol (www.fgvb.es), onde tamén se pode atopar toda a normativa de competición destes torneos.

Circuito

O torneo de Ézaro é a primeira proba do Circuíto Galego de volei Praia que organiza a Federación Galega de Voleibol para os mozos da nosa Comunidade. A segunda destas probas celebrarase o próximo fin de semana do 7 e 8 de xullo en Vigo.

Os Campións Galegos sub 15 e sub 17 poderán disputar o Campionato de España por Clubs, que, como novidade, este ano celébrase de forma totalmente independente ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas. O nacional sub 17 será do 13 ao 15 de xullo en Ribadesella (Asturias) e o sub 15 do 27 ao 29 do mesmo mes en Gandía.

En agosto o volei praia galego volverá ter unha cita na Costa da Morte, coa terceira proba senior prevista para os días 4 e 5 dese mes en Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Ana Piñeiro, Responsable de Prensa de la Federación Galega de Voleibol.

comentarios