xoves. 14.11.2024
El tiempo

Fin de semana completa para a familia ACB

Fin de semana completa para a familia ACB
Melissa leva o balón para o ACB Costa da Morte - Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Fin de semana completa para a familia do ACB Costa da Morte. Ata 8 equipos costeiros disputaban os seus partidos, cun balanzo de 6 derrotas e 2 vitorias, as do pequenos alevíns ante o Carballo Basket, emais a das cadetes ante o Cambre.

2ª División Senior Feminina, xornada7

  • Resultado: ES Bazarra ACB Costa da Morte - Sarria (37-57)
  • Parciais: 12-13; 4-8; 17-21; 4-15.
  • ES BAZARRA ACB: Iria (4); Yaiza (8); Sandra; Esther (6); Melissa (6) -quinteto inicial-Goretti (6); Ana (0); Sabela (0); Fani (7).

Partido no que no 1º cuarto houbo alternancias no marcador. A partir do 2º cuarto o equipo de Céee foi sempre a remolque no marcador, e a pesar das moitas perdas de balóns e fallos en tiros fáciles, o partido non se rompeu ata o último cuarto.


3ª División Senior Masculina, xornada 7

  • Resultado: Rivadulla - Oso Polar ACB Costa da Morte (80-45).
  • Parciais: 14-10; 11-10; 26-7; 29-18.
  • OSO POLAR: Iván (12); Deril (17); Fabián (2); Miguel (6); José (1)-quinteto inicial-Manuel (7).

O equipo de Cee acudiu con tan só 6 xogadores, debido a baixas por traballo e lesións, ante o equipo que vai líder da categoría. Así e todo os ceenses fixeron unha moi boa 1ª parte, chegando cun marcador axustado ó descanso do partido, que daba ánimos a seguir pelexando polo resultado final.
Pero o 3º cuarto foi demoledor por parte do equipo de Rivadulla, cun parcial de 26-7 que rompía o partido de forma definitiva, con 5 triplas neste cuarto, xa que o cansancio faciase notar no equipo de Cee.
A pesar de todo no último cuarto loitaron por recortar a diferencia no marcador, anotando 18 puntos, pero que non serviu de nada ante o ataque do equipo local, que neste último cuarto aproveitu moito máis o cansancio visitantes para facer tiros fáciles.


2ª División Cadete Masculina, xornada 6

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Santo Domingo Betanzos (23-114).
  • Parciais: 14-30; 2-28; 5-21; 2-35.
  • ACB COSTA DA MORTE: Dani (2); Xabi; Cristian Marcote (4); Pedro (7); Santi - quinteto inicial- Iván (8); Adrián (2).

Partido sin historia, no que o Betanzos demostrou como se xoga como equipo.


2ª División Cadete Feminina, xornada 6

  • Resultado: Baloncesto Cambre - ACB Costa da Morte (8-82).

2ª División Infantil Masculina, xornada 5

  • Resultado: Carballo Basket - ACB Costa da Morte (57-18).-
  • Parciais: 14-4; 13-0; 18-2; 12-12.
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván (3); Anxo; Luciano (3); Tomás (6); Adrián (6).

Partido no que os rapaces do equipo de Cee pouco puideron facer para loitar polo partido ao non ter cambios.


2ª División Infantil Feminina, xornada 5

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Universitario de Ferrol (34-86).

Alevín Feminino

  • Resultado: Coreti Etiquetas A - Ferroatlántica Costa da Morte (75 -25).

Alevín Masculino

  • Resultado: Carballo Basket - Ferroatlántica Costa da Morte (10 - 56).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios