Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fin de semana de vertixe para o baile e o taekwondo costeiro

Fin de semana de vertixe para o baile e o taekwondo costeiro

Coa satisfacción da boa nova da convocatoria de Anxo Fernández para a Selección Galega de Taekwondo, o Clube Arte e Movemento afronta unha fin de semana completa. Baile e artes marciais serán as protagonistas nestes días.

Por exemplo, o sábado o clube ten triple cita. Diego e Ariadna competirán no Campionato Galego standard, moi importante xa que o momento de recoller os froitos de todo o traballo da temporada.
Ademais, 5 deportistas acoden ao Centro de Tecnificación de Pontevedra no marco do Programa de Tecnificación da Federación galega de Taekwondo.

Ademais, o domingo, Roberto e Patricia estréanse na Categoría B standard no Trofeo de A Estrada, e Diego e Ariadna farán o propio na Categoria A. Pero a atención dominical estará no pavillon de Cee, onde uns 150 deportistas da provincia participarán durante toda a mañá no Campionato Galego Escolar de Técnica.

Campionato Galego de Bailes Standard

Como dicimos, este sábado 17 de marzo Diego Rivadulla (Cee) e Ariadna Leis (San Mamede, Carnota) teñen unha cita clave. Ambos comezaron tamén coa escola municipal de baile deportivo do concello de Carnota, e participarán no Campionato Galego de Standard, que se celebra en A Estrada.
Ariadna (18 anos) e Diego (21) levan 10 e 8 anos competindo respectivamente e, dende fai un ano, están na Categoria A de standard, a máis alta do ranking nacional, a única das centos de parellas do clube que o fan a ese nivel, cos esforzos que conleva pois se trata dunha competición moi esixente (adestran 6h por semana) e moi caro

Terán que bailar os 5 bailes que pertencen a esa modalidade: valse inglés, tango, valse vienés, slow-fox, quick-step. Pero irán a por todas pois participan neste campionato con bastante ilusión xa que no 2010 acadaron por primeira vez chegar a final e remataron 6º, e o ano pasado 2011 fixeron un meritorio 5º posto.

Non acaba aí a participación costeira no Campionato de A Estrada. O domingo 18 tamén competirán os Roberto Ézara e Patricia Túñez, que se estrenarán na Categoria B (que é coma a 2º Division para entendernos).

Taekwondo en Cee

Entrementres, en Cee a atención estará no Taekwondo. O vindeiro domingo 18 de marzo, a partir das 10.00 horas celebrarase no Pavillón Municipal de cee, por primeira vez, o CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA DA PROVINCIA DA CORUÑA. Esta proba terá lugar na vila de Cee grazas á iniciativa e á petición do CLUB DE TAEKWONDO ARTE E MOVEMENTO DE CEE e ademáis será clasificatoria para o Campionato de España.

Participarán máis de 150 deportistas nas categorías prebenxamín, benxamín. alevín, infantil e cadete.

En Cee, acompañarán aos nen@s participantes, estarán destacados deportistas como ESTEFANÍA HERNÁNDEZ (medallista mundial, campiona de Europa e da Copa de Europa, campiona do Mundo Universitaria) ou José Fernández (campión de España absoluto, campión da Copa do Rei e subcampeón da Copa de Europa).

Esta proba está patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deportes da Xunta de Galicia e organizan e colaboran a Federación Galega de Taekwondo, o Club Arte de Movemento de Cee, a Delegación de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee, Pescanova, Nova Galicia Banco e “La Caixa”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios