Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fin de semana heroico para Damián, Paula e os equipos do ConcoBox

Fin de semana heroico para Damián, Paula e os equipos do ConcoBox
Paula Esteiro e Damian Espasandin podios no Mundial de equipos Paula Esteiro, segunda pola dereita, e Damián Espasandín, segundo pola esquerda, sumaron sendos podios no Mundial de equipos Despois de acadar un fantástico 7º posto coa Selección Española no Mundial de OCR en Cerceña, esta pasada fin de semana Pontevedra acollía o Campeonato del Mundo OCR por Equipos e mais unha proba Heroican Race. E como non, alí estaban os nosos Paula Esteiro e Damián Espasandín, cun completo grupo do ConcoBox dumbriés, para deixar o pavillón tremendamente alto. A proba celebrábase na Base Militar “General Morillo” de Pontevedra, e foi unha fin de semana de verdadeiro desgaste para os deportistas costeiros. Os equipos dos Vengadores de Damián espasandín e as Vengadoras de Paula Esteiro subiron ao podio ocupando as primeiras prazas. Ademais había 3 equipos da ConcoBox, dos grupos que DaFIT prepara para competir a gran nivel, conseguindo sumar varios podios en nome da Costa da Morte. O sábado tocaba Mundial por Equipos. 11kms e 42 obstáculos nunha carreira con equipos de 4 compoñentes. Damián e os seus Vengadores conseguían o 2º posto, mentres que as Vengadoras de Paua vencían con solvencia. Ademais, tamén competían 3 equipos (2 de homes e 1 de mulleres) que adestran no ConcoBox de Dumbría. As mozas subiron nada menos que a o 3º chanzo do podio. Aí é nada, 3 podios dun Mundial para a Costa da Morte. “Incrible resultado!” afirma contentísimo Damián. Equipo de mozas do ConcoBox no podio do Mundial 1 Equipo de mozas do ConcoBox que subiu ao podio do Mundial

Cita ligueira

Sen tempo a descansar, o domingo Damián e Paula tiñan carreira da Liga na que compiten: A Heroican Race. Era o mesmo percorrido, e na carreira de 11km, Paula estreaba o título de “Camariñana do ano” cun 4º posto, mentres que Damián acadaba o 9º. Non quedaron contentos, así que o domingo pola tarde, os dous deportistas aínda fixeron a Heroican de 5km, quedando Paula na 1ª posición e Damián 3º, dous novos podios para completar a finde. Na xeral mantéñénse no 2º e 3º posto respectivamente. Hai que quitar o sombreiro antes deportistas, capaces de facer 3 carreiras, arredor de 30 km superando 100 obstáculos en apenas 24 horas… “Descansade, anda, descansade”, que lle dirían as nais…

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios