Fisterra acolle o sábado a gran final das XXI Ligas Comarcais de Fútbol Sala


Rematou a fase regular das XXI Ligas Comarcais de Fútbol Sala organizadas do Club Costa da Morte. 14 xornadas completas de fútbol dos máis peques da comarca, que deixan todo listo para afrontar a Fase final. Unha fase que se celebrará este sábado 3 de marzo no pavillón polideportivo de Fisterra, e que seguro será un fervedoiro de pais e nais disfrutando dos seus cativos./p>
Máxima igualdade nas dúas categorías, destacando a presencia do C. Fisterra, do Manuela Rial e do EFM Vimianzo nas finais tanto de alevíns como de benxamíns. En Benxamís Vimianzo e Fisterra compartiron primeiro psto, mentres que en Alevíns, quedou campión da liga regular o Manuela Rial con 33 puntos e C. Fisterra, EFM VImianzo e As Baleas con 30, quedando fóra o Corcubión con 25.

Horarios da Fase Final
A fase final xogarase este próximo e os horarios dos partidos serán os seguintes:
Hora | Enfrontamento | Partido |
15:30 | Semifinal benxamín | EMF. Vimianzo - Manuela Rial |
16:20 | Semifinal benxamín | C. Fisterra - EF. Corcubión |
17:10 | Semifinal alevín | Manuela Rial - As Baleas |
18:00 | Semifinal alevín | C. Fisterra - EMF. Vimianzo |
19:00 | Final benxamín | — |
20:00 | Final alevín | — |
Relevo no F8
Agora, chegada case que a primavera, os rapaces comezan a competir nas ligas de F8, pois esta fin de semana arrincan as Ligas Alevín e Benxamín Norte. Algúns dos equipos participantes nas LCFs xa competían as Ligas Sur.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)