Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15

Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15
Seleccions Sub-15 e sub-12 da Costa en Fontenla A Selección Sub-15 da Costa en Fontenla

En marcha das novas iniciativas promocionadas pola FGF no Fútbol costeiro. A Selección comarcal sub-15 celebraron onte o seu primeiro adestramento en Fontenla, servindo ademais para a presentación oficial do equipo técnico tanto da propia sub-15 como da sub-12. Toda a expedición estivo arroupada polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o Delegado na Costa Manuel Corredoira, e o presidente do Comité de Adestradores Manu Fernández.

A selección sub-15 estará dirixida polo tándem formado polos zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante. O primeiro adestrador da sub-12 será o pontecesán José Barca, co ceés Fernando Alejandro "Nando" como segundo e a Joaquín Quintáns como axudante. O delegado de ambos conxuntos será o noso Alberto Pose.

Adestradores das Seleccions da Costa coa comitiva da FGF e a concelleira de Santa Comba Cadro técnico das Seleccions da Costa coa comitiva da FGF e a concelleira de Santa Comba

Os grandes protagonistas

Pero os verdadeiros protagonistas foron os xogadores. 22 rapaces chegados de todas partes da bisbarra (de 12 clubs):

  • OUTES: Ángel David Mariño Rico, Álvaro Sanchiño González.
  • CEE: Iago Trillo Túñez.
  • SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
  • DUMBRÍA: Rubén Carnero, Alejandro Castro, Lucas Toba e Yerai Vieites.
  • CABANA: Roberto Rodríguez.
  • MALPICA: Raúl Reigía e Hugo García Rojo.
  • ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
  • ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
  • OS MIÚDOS: Raúl Lado Mayo (infantil).
  • MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
  • CAMARIÑAS: Mario Suárez e Enric Martínez.
  • CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil.
Primeiro adestramento da seleccion sub-15 e sub-15 Primeiro adestramento da seleccion sub-15

Pensando no Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15

Toca preparar o Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15, que servirá para a posta en escea oficial desta sub-15 despois dos amigables do pasado verán en Malpica e no Cairo. A Fase Previa arrincará o 1 de novembro, nun campo aínda por decidir.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios