Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa
Pois si, o condutor da III Gala do Fútbol da Costa será Fran Hermida. Se na Gala do Álbum contamos coa cara do fútbol galego na TVG, o 27 de xuño contaremos cun dos culpables da revolución mediática do Fútbol Costeiro, que medrou, e tanto, e agora é a voz do Deportivo da Coruña. Fran Hermida nacía en Corcubión, arrimábase á radiONeria, pero na Radio Nordés-Cadena Ser onde medrou como profesional, e conseguíu co seu Nordés Deportivos que hoxe hedera Josiño Mira, que o Fútbol da Costa tivese nome propio en Galicia.
Antes xa estiveran outros como Manolín ou Marco Antonio Sande, outra voz do Deporte galego con acento costeiro, na emisora municipal corcubionesa dando caña.
Todo un pracer para todo o equipo de QPC Deportes poder contar co amigo Fran Hermida, coñecedor como poucos da relevancia social do noso fútbol.
E a ver, que é posible que teñamos algunha sorpresa…
Novas relacionadas
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).