Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: As Centolas non queren baixar

FSF: As Centolas non queren baixar
As Centolas do Semaforo As Centolas do Semaforo

O Fisober non foi quen de puntuar no Conco nun partido ante o Tres Cantos no que a sorte lle foi esquiva, sen facer un bo xogo e algo ansioso gozou de moi claras ocasións e incluso malogrou un penalti.

Na 3ª Masculina, partido complicado o que tiñan os do Villa de Cee, recibindo na casa o líder da competición, un Sala Ourense que levou os puntos do pavillón costeiro.

As que si sumaron 3 puntos fundamentais para escapar da zoa perigosa da táboa de clasificación foron as rapazas do Hotel O Semáforo, e poden afrontar asi con máis comodidade o tramo final de liga, xogando contra un clásico da liga.

En 1ª Galicia, non cede o Amarelle Santa Comba que volvía gañar e asegura a 2ª posición da táboa quedando a 3 puntos do líder, o Sport Sala Culleredo FS, a falta de dúas xornadas para lo remate.
Tamén vencían as pondalianas do Ponteceso quedando nunha comodísima posición. Mentres, o Atletes facía un extraordinario partido do Atletes, xogado con garra, sacrificio e clase, e pelexando a vitoria ata o último suspiro ao Melide.

 

2ª División Nacional, xornada 20

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – UNIÓN TRES CANTOS (1-2).
  • FISOBER : Andrea M., Paula Fandiño, Carla, Ana, Ainho; tamén xogaron: Mai, Nuriña, Carre, Noe.
  • Goles: 0-1 min. 4 Marta, 0-2 min. 7 Mai en propia porta, (descanso , 1-2 min. 38 Ainho.
Ainho co Fisobe Ainho co Fisober

Arrincaba o partido cunha inmellorable ocasión para as costeiras xa que un toque co calcaño de Ainho paseaba pola liña de gol sen entrar nin que Carla chegase para empurrala. As madrileñas respostaban case de seguido cunha moi boa ocasión. E non tardaron moito en abrir o marcador aos catro minutos cun potente lanzamento de Marta. O mazazo foi máis duro cando Mai introducía o balón na súa portería aos sete minutos para o dous a cero.
Aínda así e sen despregar o xogo das últimas xornadas o Fisober comezou a acumular ocasións co paso dos minutos. As madrileñas saían en algunha contra e os minutos pasaban e o electrónico non trocaba. Co cero a dous chegouse o tempo de lecer.

O comezo da segunda metade non tivo moito ritmo e os minutos pasaban sen que nada salientable pasara. Ata que chegaron os últimos dez minutos nos que o Fisober pareceu coller folgos de fraqueza e tentar remontar o partido, acosando cada vez máis as madrileñas.
Chegaron ocasións para Ainho e para Carla que despois de regatear a porteira o seu tiro bicou o pau e foise fora. Parecía incrible que o Fisober aínda non marcara. Máis aínda cando a falta de sete minutos as costeiras dispuxeron dun penalti. Pero a porteira visitante adiviñou o lanzamento de Ana e parou tamén o rexeite do mesmo. Parecía imposible que o Fisober fora quen de marcar o sábado.
O Fisober decidía entón arriscar co xogo de cinco con sete minutos en xogo e pouco despois Ainho tiña unha nova boa ocasión. Ata que a pouco máis de dous minutos para o fin Ainho culminaba unha gran combinación local para facer o un a dous e daba esperanzas. Nese mesmo minuto, un libre indirecto finalizado por Noe era enviado por unha xogadora visitante a corner baixo paus. Case na última xogada do partido de novo Noe tiña a opción da igualada pero a sorte non estaba co Fisober.

Nurina Nuriña  

3ª División Nacional, xornada 23

  • Resultado: FSF VILLA DE CEE CLINICA A XUNQUIERA - SALA OURENSE (3-5)

Comenzaron algo despistados os locais, e nos primeiros minutos recibiron dous goles o cal poñía o partido moi costa arriba. Sacudíronse os nervios os homes de Llopis, e empezaron a elaborar un bo xogo, tendo o control do balón e creando moi boas ocasións de gol, e premio a isto Perce consegue marcar no minuto 11 e recortar o marcador, pero a fortuna non estaba cos ceeses e Dudo recibe a 2ª tarxeta amarela por unha man a bola e tócalles defender de tres na pista, aproveitaron os de Ourense a circunstancia para asi marcar o 1-3. Xa nos últimos minutos da primeira parte unha xogada espectacular de Marroco case consegue marcar, pero a fortuna non estaba para os costeiros, e índose para o descanso co 1-3.

Na segunda parte saíron a polo partido os locais, e ca intención de remontar, e xa no primeiro minuto Marroco consegue poñer o 2-3, pero dous erros defensivos costéanlle os ceeses dous goles, poñéndose o partido moi difícil cun 2-5, contra un moi bo equipo, aínda así os de Llopis non se renderon, o infortunio fai que se lesione Mario, e xa cun expulsado case sen relevos, o físico empeza a pasarlles factura os locais, que con todo conseguían recortar o marcador por obra de Juanjo, rematando o partido cun 3-5.

As estrelas neste partido son 3* Juanjo, 2* Perce e 1* Marroco.

 

1ª Autonómica, xornada 21

  • Resultado: HOTEL SEMAFORO FSF VILLA DE CEE - ORTEGAL OIL A FERVENZA (5-3)

Moi ben saíron a pista as locais, moi concentradas e indo a polo partido dende o primeiro minuto, o cal enseguida dou resultado os seus interese conseguindo adiantarse o marcador cun golazo de Goreti de falta. seguían a dominar as de Santi e desfrutando de boas ocasións para marcar, e chegando o minuto 15, Andrea pon o 2-0. Ata ese intre estaba resultando todo favorable as Centolas, pero dous erros defensivos cara o final da primeira parte cústanlle dous goles, pero xa case rematando nunha boa xogada combinada marca Goreti o 3-2, para ir así o descanso.

Comenzaba a 2ª parte e o partido estaba totalmente aberto, as Centolas moi concentradas defendéndose ben, e as da Fervenza intentando, o partido moi igualado e que se podía decantar para calquera lado, e os 9 minutos conseguen empatar as visitantes. Xa co 3-3 e afrontando o tramo final do partido, as Centoliñas, non querían deixar escapar os tres puntos, e Alba Cambeiro xa faltando 5 minutos pon o 4-3. Co marcador a favor, as de Santi afrontan os últimos 5 minutos sen dar opción a Fervenza, moi ben plantadas en defensa, dominando o xogo e tendo o balón, froito disto cobran unha falta faltando dous minutos, onde Goreti ca sua zurda non perdoa e pon o 5-3, resultado que resultaría definitivo.

As estrelas son: 3* Goreti, partidazo con tres golazos; 2* Alba Cambeiro, 1* María Lijó.

 

1ª Galicia, xornada 20

  • Resultado: FC Meigas - Amarelle Conc. Santa Comba (1-4)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Lucía, Ge, Nuria, Leticia (cinco inicial), Tania, Paula, Violeta, Vanesa.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 6); 0-2 Nuria (min. 13); 0-3 Nuria (min. 18); 1-3 Teresa (min. 32); 1-4 Nuria (min. 36).

Na primeira parte, o encontro empezaba moi metido no partido e Nuria conseguía adiantar ao conxunto xalleiro aos seis minutos co 0-1. Xa coa vantaxe no marcador, as locais intentarían igualar o encontro, pero o Amarelle Concello de Santa Comba poñía o 0-2 a falta de sete minutos do descanso cun tanto de Nuría, e nuevamente a xogadora muxiana poñía o 0-3 no marcador a falta de dous minutos para o tempo de asueto, deixando o encontro case sentenciado no primeiro tempo.

Na reanudación, as locais conseguían recortar distancias co 1-3 a falta de oito minutos para o final do encontro, pero o equipo xalleiro finiquitaría o partido cun novo gol de Nuria a falta de catro minutos para deixar o 1-4 no luminoso, que ao cabo resultaría definitivo.

 

1ª Galicia, xornada 20

  • Resultado: Troula FS - Concello de Ponteceso FSF (4-5)
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Alba e Saray - tamén xogaron - María, Vero e Nuria.
  • Goles: Noelia, Olalla (2), Mayra para as locais. Alba, Vero (2), Nuria, Ana para as pondalianas.

Partido moi disputado e igualado ata o final o visto o sábado no municipal de Betanzos. Comezaban máis metidas no encontro as xogadoras locais, que nos primeiros minutos xa provocaban varias chegadas de perigo, mentras as de Ponteceso non daban encontrado o seu xogo. Despois de dúas contras rematadas co balón no pau, sería na seguinte xogada cando o conxunto local se estreaba no marcador tras un erro da defensa pontecesana. Foi a partir de aí cando se centraron as visitantes, que pouco a pouco ían tendo o balón e creando perigo de cara á portería rival. 2 minutos despois do gol local, Alba remataba soa a portería tras unha boa xogada de María, poñendo outra vez as táboas no marcador. Os seguintes minutos serían de idas e voltas, co Troula sen chegar de forma clara á portería de Uxía e probando con tiros lonxanos, e coas pondalianas creando xogadas e chegando varias veces con claridade á portería rival, pero sen lograr materializalas. Ata os últimos minutos non se verían máis goles. O primeiro chegaría por parte local, que volvían adiantarse no luminoso cun gol de rebote dentro da área. Pero non tardaría en responder o conxunto pontecesán e, un minuto despois, Vero empataba o encontro cun tiro cruzado, chegando ó descanso co 2-2.

De volta dos vestiarios parecía que comezaban máis centradas as xogadoras dirixidas por Curro, tendo o control do xogo e estando ben en defensa. Adiantaríase por primeira vez no partido cun gol de Nuria, que facía o 3º tras recoller o rexeite a un tiro de María. Tendo o resultado en contra, volvían a probar con tiros lonxanos as betanceiras e Mayra, cun disparo cruzado desde a frontal, facía o 3º para o seu equipo. Quedaban aínda 10 intensos minutos por diante, con ambos conxuntos indo a polos 3 puntos. Sería o Ponteceso o que máis veces chegaría á portería visitante, pero non lograban finalizar as xogadas. Só Verónica, cun disparo que enviaba o balón á escadra, volvía adiantar ó seu equipo. Pouco dudaría a alegría, pois tras un erro defensivo, o Troula volvía igualar o marcador. Pero quedaba aínda tempo para que un dos dous acadara a vitoria e, tras unha boa xogada de María que deixaba soa a Ana para marcar, sería o equipo da vila de Pondal o que lograría levarse os 3 puntos, que o deixan con 36 a falta de 2 xornadas para o remate da competición.

 

1ª Galicia, xornada 20

  • Resultado: A.D. Atletes - Melide F.S.F. (3-4)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); María (1[1p]); Leti (1); Marta; Bárbara (1); Alba; Sara; Martina.

Presentábase para este partido o Atletes con moitas baixas no seu equipo. O partido empezaba con dominio alterno de ámbolos dous equipos. O Atletes defendía a media pista e o Melide custáballe chegar a porta das esteirás, ata que no minuto 7, nun erro da porteira das da casa, consiguía o Melide inaugurar o marcador por medio de Inés, cun tiro desde tres cuartos da pista que se lle cola por debaixo das pernas a Julia.

O Atletes non se descompuña e lograba manter o equilibrio lanzando alternos contraataques a porta das visitantes. Tanto Leti coma Bárbara e María chegan con velocidade a porta de Dolores, que realiza tres extraordinarias paradas con destino de gol a tiros destas tres xogadoras locais.
A partir do minuto 16 desta primeira metade o Melide impón o seu dominio e despois de varios ataques sobre a portería local interferidos de forma maxistral por Julia, no minuto 18, dun gran disparo, a xogadora visitante, Carla consigue o dous a cero para as de Melide. As locales non se arredan e no minuto 19, una gran xogada de María, reduce distancias, poñendo o 2 a 1 nesta primeira metade.

Empezaba a segunda parte co Atletes totalmente dominando o partido. Durante esta segunda metade as esteiranas fixeron o mellor tempo desde que están na liga. A pesar de que María, Martina, Bárbara e Leti, tiveron que saír varias veces por encontrarse renqueantes, o dominio foi abrumador sobre a portería do Melide, que nesta segunda metade tuvo de porteira a Xanaia, que si Dolores foi a figura na primeira metade, nesta segunda parte, Xanaia non se lle quedou atrás, erixíndose na figura do seu equipo nesta segunda metade.

A pesar do dominio insistente das locais, no minuto 14 nunhna xogada desgraciada, o balón toca na espalda de María, despista a Julia e métese na portería do Atletes. Co 3 a 1 en contra, o Atletes sigue o seu dominio e no minuto 14, un penalti cometido polas de Melide, e transformado por Leti de tiro firme e colocado, poñendo o 3 a 2 no marcador. No minuto 38,45 Carla, en un tiro colocado pon o 4 a 1, que chegado o minuto 39, Bárbara en un tiro potente deixa o marcador final no 4 a 3 definitivo.

 

2ª División Nacional, xornada 20

  • Resultado: Fisgón Futsal - Viaxes Amarelle FSF (2-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Inés, Patri, María Gómez (cinco inicial), Mónica, Marta Hermo, María Romero, Pau.
  • Goles: 0-1 Patri (min. 2); 1-1 Cris (min. 7); 1-2 María Gómez (min. 9); 2-2 Kun (min. 16).
O Viaxes Amarelle FSF de Patri e Inés, conseguiu regresar aos puntos logo de acudir ao derbi galego cun equipo con varias baixas, unha nova incorporación e unha xogadora do filial, onde malia poñerse en dúas ocasións por diante no marcador, o O Fisgón Futsal foi capaz de volver poñer as táboas e finalmente ambos conxuntos repartíronse os puntos tras quedar no luminoso un 2-2.

Patri foi xunto con María Gómez, unha das descatadas do partido, protagonizando as mellores combinacións e marcando os dous tantos.

Máis información

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

 

1ª Autonómica, xornada 21

  • Resultado:

Comentarios