Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: Boas sensacións, non tan bos resultados

FSF: Boas sensacións, non tan bos resultados
Xogadoras do Fisober Xogadoras do Fisober Segunda xornada completa do Fútbol Sala Feminino costeiro, marcada pola diversidade de resultados pero cunha sensación positiva en case todas as casas. Por exemplo, o Fisober por fin abriu a súa cesta de puntos nesta tempada nun partido tolo, cheo de goles no que sempre foi por diante e no que mereceu gañar, pero no que lle faltou esa pisca de sorte que o ten de lado nesta tempada, incluso con varias ocasións no último minuto do partido. Ademais, 1ª Galicia, un gol en xogada de estratexia deu a vitoria ao Amarelle Concello de Santa Comba fronte ao Troula Betanzos FSF, conseguindo así a segunda vitoria en dous partidos das laranxas. Ademais, o Pavillón de Esteiro estreaba temporada e o Atletes, con moitas baixas, facía un gran partido, merecendo a vitoria pero rematando cunha nova derrota, como a colleitada por un filial do Fisober que parece que un ano máis vai sufrir na categoría.

A vindeira semana, primeiro derbi entre Amarelle Santa Comba e Atletes.

 

Preferente Galicia, xornada 4

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – TERRA DE CELANOVA F.S.F. (5-5).
  • FISOBER : Lía, Ana, Nuriña, Kenny , Paula Fandiño ; tamén xogaron : Adriana, Laura, María Dumbría, Mai.
  • Goles: 1-0 min 3 Ana, 2-0 min 4 Ana, 3-0 min 10 Ana, 3-1 min 11 Belén, 3-2 min 17 Belén, 4-2 min 17 Mai, 4-3 min 19 Belén (descanso) , 5-3 min 27 María Dumbría, 5-4 min 32 Paula Fandiño p.p. , 5-5 min 34 María.
Laura co Fisober Laura co Fisober

Fermoso partido o vivido no Conco, con continuas chegadas ás áreas. E non podía comezar mellor o partido para as costeiras xa que a súa capitana Ana marcaba aos tres minutos. E tan só un minuto despois a mesma Ana facía o segundo gol local. Despois de varios minutos relaxados Ana facía o terceiro pero de contando recurtaba o cadro ourensán. Antes do descanso aínda habería tempo para tres goles máis deixando un apretado 4-3 no marcador co Celanova metido novamente no partido.

A volta de vestiarios o ritmo seguiu igual pero a potencia anotadora baixou. De feito ata o minuto sete da segunda metade non voltou a moverse o electrónico desta vez cun gol de María Dumbría para o cinco a tres. Nestes momentos quizais o Fisober pecou de falta de veteranía e quizais tamén de sorte. Xa que o cinco a catro foi en propia porta. E a seis do final María facía o definitivo cinco a cinco. Aínda así as costeiras non se renderon e tiveron o triunfo no último minuto con tres ocasións clarísimas de Nuriña e Kenny por partida dobre pero o gol non quixo chegar.

 

1ª Galicia Feminina., x.2

  • Resultado: Municipal de Betanzos. Troula Betanzos FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-2)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Carla, Nuria, Andrea (cinco inicial), Elsa, Ge, Violeta, Paula, Tania.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 13); 1-1 Silvia (min. 23); 1-2 Carla (min. 50).
Partido onde as imprecisións foron a tónica dominante, as xalleiras conseguiron arrincar os tres puntos cun gol de Carla, en xogada de estratexia, a falta de 12 segundos para o final do partido. Na primeira parte, o partido comezaba con dous rivais que querían facer gol rápido, pero ningún conseguía encadenar e finalizar unha xogada co perigo suficiente. Os minutos pasaban e o marcador permanecía co 0-0 inicial, e marcado pola multitude de imprecisiones nas xogadas de ambos equipos; ata que no minuto 13 Nuria consegue adiantar ás xalleiras cun balón cruzado cando a porteira local saía a destempo. O Amarelle Concello de Santa Comba buscaba ampliar a diferenza no marcador, tralo 1-0 inicial; pero o cadro xalleiro atopouse cun Troula Betanzos FSF que intentaba reaccionar e poñer de novo as táboas no marcador, o que conseguiu a falta de minuto e medio para o tempo de asueto. As xalleiras volveron intentar ampliar distancias, pero non había ningunha ocasión clara e fóronse co 1-1 ao tempo de asueto. Na reanudación, o partido seguía o mesmo camiño que na primeira parte; con dous equipos que querían a vitoria, pero que as imprecisiones no xogo impedíanlles poñerse por diante. Os minutos pasaban e o partido íase achegando ao seu fin, sen que nada cambiase na cancha de 40x20. Xa cando todo parecía visto para a conclusión chegaba un saque de banda a falta de 15 segundos para o final; tempo morto para o conxunto de Suso Yanes, e unha xogada de estratexia con disparo final de Carla conseguía poñer o 1-2, que ao cabo sería definitivo e outorgaría os tres puntos para as xalleiras.  

1ª Galicia Feminina., x.2

  • Resultado: A.D. Atletes - Ulla Oil Vedra F.S.F. (1-3).
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Cris; Martina (pm); Laura (1); Antía; Ana; Sara.

O Atletes comezaba cunha presión alta sobre as visitantes, que consiguían levar o xogo ao medio campo, con algúns tímidos ataques sobre as esteirás, pero sen crear perigo ante a porta de Julia. No minuto 2:30 en unha xogada sen perigo o balón queda nos pés de Ana, a cierre local, e nun despiste desta, baixo da portería, Iria aprovéitase e empuxa o balón na meta do Atletes, marcando o primeiro gol as visitantes.

A partir deste momento, acabouse a actuación do Vedra. O Atletes comenza a facer presión intensa na primeira línea do equipo visitante, e éeste, mais veterano, con maior banco, pero de menor potencia e velocidade física, vese totalmente superado polo Atletes. Aquí comenza o festival da porteira das visitantes, Laura.
O Atletes presiona ata tal punto que nesta primeira metade logra sacar ata oito saques de esquina, seis deles causados pola porteira do Vedra, por dous das visitantes, conseguindo Laura que as locais logren marcar. Ata que a pivot local, Laura, no minuto 8 e medio, nunha boa xogada individual con un tiro potente consigue empatalo partido. O Atletes sigue intenso na súa presión, e a pesares de que o Vedra vese totalmente asfixiado, a inmensa actuación da súa porteira, Laura, impide que as locales aumenten o seu marcador.

Na segunda metade, as locales siguen ca misma táctica da primeira metade, arrollando ás visitantes, pero no minuto 3, con un tiro lexano de Iria, consigue marcar o segundo gol das visitantes, adiantándose de novo no marcador. O Atletes crea perigo, pero a porteira visitante impide que as locais consigan mover o marcador o seu favor. Aos oito minutos desta segunda metade, Antía lanza un tremendo tiro a media distancia da potería das visitantes, que toca no ángulo esquerdo da porta do Vedra e vaise por fora o balón. Pasados tres minutos desta xogada, volve Antía a lanzar outro disparo que volve a tocar no ángulo dereito da portería visitante sin que entre o balón na portería contraria.

No minuto 21 desta segunda metade una xogadora visitante manda un centro sobre a portería local, Martina desvía o balón e entra na súa propia meta polo ángulo esquerda da mesma. Esta xogada desgraciada para as locais non nas desanima, e estas siguen co seu dominio e intensidade que fai que as visitante, debido o seu maior físico empecen a facer un xogo un pouco mais marrulleiro do que xa viñan exercendo, debido a intensidade que lles exercían as locales. Faltando un minuto para o final, Martina, dende o borde da área lanza un potente disparo que da no longueiro da portería visitante. Nesta segunda metade as locales lanzaron seis saques de esquina por dous das visitantes.

 

1ª Galicia Feminina., x.2

  • Resultado: ACEDEMIA RED BLUE 5 CORUÑA – FISOBER B (7-0)
  • FISOBER B: Naira, Andrea Méndez, María Maroñas, Gisela, Uxía ; tamén xogaron : Saray, Lucía Rodríguez, Sharay Caamaño.

O equipo veterano e solvente equipo herculino foi superior ao filial costeiro. Co resultado de tres a cero chegouse ao tempo de lecer. Un resultado que se incrementou na segunda metade. Nun partido no que destacou a porteira costeira Naira.

 

1ª División Estatal, xornada 2

  • Resultado: AE Penya Esplugues - Viaxes Amarelle FSF (1-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, María Gómez, Renee, Iraia (cinco inicial), María Romeu, Irune, Inés, Mónica, Zaida, Sandra.
  • Goles: 1-0 Propia porta (min. 34).
Patri co Viaxes copia Patri co Viaxes

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, segue sen obter os primeiros puntos da tempada, nun partido moi igualado e cun cadro herculino moi serio en defensa, que buscaba sorprender á contra; e un AE Penya Esplugues que tiña o balón pero non xeraba o perigo suficiente para abrir distancias. A falta de seis minutos para o final, un gol en propia porta condenaba ao conxunto herculino á segunda derrota da tempada por un marcador de 1-0.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fsf-a-familia-costeira-ao-completo-en-competicion/  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

   

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

Comentarios